miniatura|333x333px| Exemplo de ortese para a corrección da columna vertebral e das costelas . Unha órtese segundo a definición da ISO, é un soporte ou dispositivo externo aplicado ao corpo para modificar os aspectos funcionais ou estruturais do sistema neuro-musculo-esquelético para obter algunha vantaxe mecánica ou ortopédica.Levy, Ana Esther e Cortés Barragán, José Manuel. Ortopodología y aparato locomotor: ortopedia de pie y tobillo. Elsevier España, 2003. ISBN 84-458-1299-8, 9788445812990

Refírese aos aparellos ou dispositivos ortopédicos de uso temporal ou non, destinados a aliñar, previr ou corrixir deformidades ou mellorar a función das partes móbiles do corpo.http://www.educacaofisica.com.br/glossario_mostrar.asp?id=1051&topico=1374 (en portugués) Etimoloxía A palabra órtese deriva do grego ortho (ορθως), que significa "recta". Zambudio, R.. Prótesis, órtesis y ayudas técnicas Editorial Elsevier España 2009. ISBN 84-458-1969-0, 9788445819692

Exemplos e tipos O aparello dental de ortodoncia é unha órtese, xa que corrixe a deformidade do arco dental, mentres que a dentadura completa ou un implante dental é unha prótese xa que substitúe o órgano ou a súa función (substitúe os dentes). Estes dispositivos acostuman ser prescritos por profesionais médicos e son estudados, deseñados e fabricados por ortoprotésicos. Diferéncianse principalmente dunha prótese en que non substitúen o órgano ou membro discapacitado.

Exemplos de órteses Son exemplos de soletas ortopédicas, lentes, titores, xeonlleiras, chalecos ou coletes, protectores de pulso, entre outros.

Tipos de órteses Pódense clasificar en catro tipos segundo a súa función: Red Medynet - Programa anual 2003 de formación continuada acreditada para médicos de atención primaria ministerio de sanidad y Consumo de España

Estabilizadoras: Mantén unha posición e evita movementos non desexados, o que dá este tipo de uso como corrección do pé equino, fracturas e dores, e para reducir o rango articular dun segmento inflamado ou doloroso. Funcionais: tamén coñecidos como dinámicas, son máis flexibles e permiten un movemento limitado. Correctoras: recomendados para corrixir deformidades esqueléticas. Xeralmente úsanse na infancia para corrixir os membros en desenvolvemento. Protectoras: Mantén protexido un órgano afectado.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Prótese

Categoría:Fisioterapia