Filippo Speranza, nado en Vitebo o 29 de xaneiro de 1839, ou en 1848,A comandini é a única fonte consultada que dá, pola contra, 1848 como ano de nacemento. Véxase: Comandini, A. (1903). Páxina 477. e finado en Roma o 7 de decembro de 1903, foi un medallista e deseñador de moedas italiano, que ocupou o cargo de gravador xefe da Casa da Moeda de Roma.

Traxectoria

Filippo Speranza naceu en San Martino al Cimino, municipio de Viterbo, no Lacio, segundo uns autores o 29 de xaneiro de 1839,Forrer, L. (1912). Páxina 597. e segundo outros en 1848.Comandini, A. (1903). Páxina 477.

Na súa xuventude marchou a Roma, onde se formou con Paolo Mercuri no gravado de cuños, e posteriormente ingresou na Casa da Moeda de Roma, cando esta estaba aínda baixo dominio papal. Naquel período traballou con gravadores xa consagrados como Zaccagnini e Bianchi. En 1867 fixo alí as súas primeiras creacións como artista gravador,"Filippo Speranza". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). por encarga do Estado Pontificio: unha moeda prata de 2½ liras emitida a nome do papa Pío IX,"2½ Lire - Pius IX". Numista.com e unha medalla concedida polo mesmo papa,"Speranza F. (1867), Medaglia di Pio IX". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). polos servizos prestados durante a epidemia do ano anterior. miniatura|Moeda dunha lira, Vítor Manuel III (1901)."1 Lira - Victor Emmanuel III (1901-1907)". Numista.com Pouco despois da unificación italiana, a Ceca de Roma pasou a ser a única autorizada para cuñar a moeda do novo Reino de Italia, na que Speranza exerceu o cargo de gravador xefe, polo que se responsabilizou do gravado dos cuños de todas as emisións monetarias a nome de Humberto I (1878-1900) e de Vítor Manuel III (1900-1946), ata o seu falecemento en 1903. Tamén son obra súa as series de prata cuñadas pola Ceca de Roma para a República de San Marino entre 1898 e 1906, e para a colonia italiana de Eritrea, entre 1890 e 1896.Forrer, L. (1912). Páxinas 597-599."Filippo Speranza". Numista.com miniatura|Medalla a Vicenzo Bellini (1876)."Vincenzo Bellini (1801-1835), 1876". Paris Musées (Parismuseescollections.paris.fr).En paralelo ás moedas, Speranza tamén foi o creador dun bo número de medallas, entre as que destacan as seguintes: Pío IX, primeiro Concilio Vaticano (1869),"Medal - Pope Pius IX First Vatican Council". Numista.com Vicenzo Bellini (1876), Vítor Manuel II (1878),"Speranza F. (1878), Medaglia di Vittorio Emanuele II". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). visita de Humberto I a Sicilia (1881), Exposición Industrial de Turín (1885), Giuseppe Verdi (1889), Cámara de Deputados de Roma (1890), xubileu episcopal de León XIII (1893),"Speranza Filippo (1893), Medaglia Giubileo episcopale Leone XIII". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). etc.Forrer, L. (1912). Páxina 599.Filippo Speranza marca coa inscrición SPERANZA en letra maiúscula e de pequeno tamaño todas as medallas e moedas da súa creación.

Filippo Speranza finou en Roma o 7 de decembro de 1903, vítima dunha doenza cerebrovascular.Comandini, A. (1903). Páxina 477.

Escolma de obras

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Comandini, A. (1903). "Necrologica: Filippo Speranza". En Rivista Italiana di Numismatica. Società numismatica italiana. Vol. 16. Páxinas 477-478. Forrer, L. (1912). "Speranza, Filippo". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 5. Spink & Son., Londres. Páxinas 597-599.

Categoría:Nados en 1839 Categoría:Nados na provincia de Viterbo Categoría:Finados en 1903 Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Medallas Categoría:Finados por accidente cerebrovascular Categoría:Personalidades sen imaxes