350px|miniatura|Estudio de MDR. A realización é o proceso polo cal se crea un produto audiovisual e abrangue dende a etapa de desenvolvemento do mesmo até a distribución. A realización supón asumir decisións tanto a nivel artístico como produtivo e a limitación só vén dada polos medios técnicos dispoñibles (orzamento do que se dispón e equipo co que se conta) e polos requisitos de programación. No caso de grandes producións nas que están involucradas importantes empresas produtoras pode estar limitada pola propia liña editorial e a ideoloxía de quen encarga o produto.

Independentemente do tipo de produto do que se trate, en xeral, un proceso de realización segue as seguintes etapas:

Desenvolvemento Elaboración da idea, do guión e o tratamento. Busca de investidores. Contratacións e sinatura de contratos.

Preprodución Elaboración do guión técnico e do storyboard. Deseño da posta en escena. Deseño da escenografía. Deseño do vestiario. Deseño da maquillaxe. Deseño de peiteado. Establecemento dos elementos que configuran o atrezzo. Reunión coas cabezas de equipo. Busca de localizacións. Casting de actores. Ensaios con actores. Lectura de guión. Ensaios de guión. Ensaios no set.

Rodaxe Na edición en liña, o material orixinal utilízase en tódalas etapas do proceso. Na edición offline, emprégase unha copia do material orixinal (polo xeral "queimando"- imprimindo na pantalla- o código de tempo) para despois ensamblar unha copia de traballo, que funcionará como unha guía para crear a versión final (en liña)..

Control de realización O control de realización ou CR é o lugar dende o que se levan a cabo os procesos precisos para que se produza a gravación ou emisión dun contido audiovisual. Este control está composto á súa vez por unha serie de operadores que levan a cabo diversas funcións.

Véxase tamén Ligazóns externas Gabriel Pérez, Curso básico de periodismo audiovisual. Universidad de Navarra. 2003 Mariano Cebrián Herreros, Fundamentos de la teoría y técnica de la información audiovisual. Mezquita, Madrid. 1983

Categoría:Cinema