Brais Ruanova Vilas-Boas, nado en Bembrive (Vigo) en 1991, é un técnico superior en química industrial e político do BNG.
Traxectoria Técnico superior en Química Industrial, traballou no departamento de produción dunha empresa multinacional do sector agroquímico. Dende 2017 foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova durante 5 anos e na actualidade é Responsábel de Organización do BNG na comarca de Vigo. miniatura|Brais Ruanova na papeleta da lista do BNG nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. Presentouse como número 5 na candidatura do BNG de Vigo nas eleccións municipais de 2019. Nas eleccións xerais de 2023, ía no segundo posto na candidatura pola provincia de Pontevedra e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, ía no posto número 7, conseguindo ser deputado autonómico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
Categoría:Nados en 1991
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Políticos do BNG