O doutor Glas (en ) é unha novela epistolar de Hjalmar Söderberg, publicada orixinalmente no 1905. Conta a historia dun médico na Suecia decimonónica, e trata temas como a moral e o amor.

Sinopse O protagonista da obra, o doutor Tyko Gabriel Glas, é un respectado médico de Estocolmo. A trama artéllase na forma dun diario, narrando as dificultades do doutor Glas coa depresión. O antagonista é o reverendo Gregorius, un crego moralmente corrompido. A fermosa esposa do eclesiástico confesa os seus problemas maritais ao doutor quen, namorado dela, acepta axudala. Porén, Gregorius rexeita renunciar aos seus "dereitos maritais". En consecuencia, a muller comeza a planificar o asasinato do seu home.

Temas A novela trata temas coma o adulterio, os dereitos das mulleres, o suicidio, o aborto e a eutanasia. A obra suscitou unha violenta campaña contra o seu autor, que foi vilipendiado polos círculos literarios suecos.

Precuela No 2004, o escritor sueco Bengt Ohlsson escribiu un libro titulado Gregorius, no que amplía a historia desta personaxe, explicando as orixes da súa personalidade corrupta na novela de Söderberg.

Adaptacións Doktor Glas (1942). Adaptación sueca en branco e negro, dirixida por Rune Carlsten. Doktor Glas (1968). Adaptación danesa, dirixida por Mai Zetterling.

Traducións O doutor Glas (2023). Tradución directa ao galego de David A. Álvarez Martínez. Irmás Cartoné.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Texto orixinal en sueco (Proxecto Runeberg)

Categoría:Novelas ambientadas en Suecia Categoría:Obras traducidas do sueco ao galego Categoría:Literatura de Suecia Categoría:Epístolas