Félix Parada Martínez é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Propietario dunha empresa de distribución por xunto de cervexa. En 1991 foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Verea, encabezado por Manuel Nieto Rivero, do cal pasou a se-lo primeiro tenente de alcalde. Trala retirada de Nieto Rivero, nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG, se ben xa asumiu a alcaldía en funcións por mor da morte do seu predecesor uns días antes da investidura. Gobernou en coalición cos nacionalistas ata que os expulsou do goberno en maio de 2004.El alcalde socialista de Verea destituye a sus socios de gobierno del Bloque Estes, como vinganza, abandonaron as filas do BNG e en xullo dese mesmo ano apoiaron unha moción de censura que lle deu a alcaldía ó PPdeG.El PP arrebata la alcaldía de Verea al PSOE gracias a dos ex ediles del Bloque

Volveu encabeza-la candidatura do PSdeG nas municipais de 2007, sen conseguir recuperar o bastón de mando tras conseguir o PPdeG a maioría absoluta. Encabezou a candidatura socialista en 2011 e 2015, novamente sen éxito.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Verea

Categoría:Alcaldes de Verea Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en ano descoñecido