Andrés Antonio Pardo Argüeso, nado en Bergondo o 14 de outubro de 1918 e finado en Esteribar o 6 de xuño de 1938, foi un serrador e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ramón Pardo e Celsa Argüeso. Serrador. Militante do Sindicato de Bergondo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra na Coruña por auxilio á rebelión o 29 de xaneiro de 1937 na causa 854/1936 xunto con Gerardo Gómez Lorenzo, José Antonio López Vázquez e Antonio Pardo López, foi condenado a 30 anos de reclusión perpetua. Ingresou no Forte de San Cristovo o 14 de xuño de 1937. Participou na fuga masiva do penal do 22 de maio de 1938 e foi capturado e asasinado o 6 de xuño en Esteribar.
O seu irmán Manuel Pardo Argüeso foi un guerrilleiro antifranquista morto en Oroso o 8 de xaneiro de 1948, logo de disparar ao brigada de Artillaría Juan Raña Martínez. En represalia pola morte do militar, a súa nai Celsa Argüeso foi asasinada en Bergondo o 2 de marzo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1938