O hidróxido de cobalto (II) é un composto químico de fórmula química Co(OH)2 que contén cobalto no seu estado de oxidación +2 como ión, e tamén contén ións hidróxido.

Descrición É tipicamente azul pálido ou rosado/avermellado, e prodúcese mediante a reacción dunha base forte, como o hidróxido de sodio, cun sal de cobalto(II), como o cloruro de cobalto(II). Os sales de cobalto(II) poden ter unha cor rosa ou vermella. O hidróxido de cobalto(II) pode converterse en óxido de cobalto(II) ao quentarse. miniatura|259x259px|Precipitación de hidróxido de cobalto(II) engadindo NaOH ao nitrato de cobalto(II).

Usos Entre as súas aplicacións destácase a súa utilización como catalizador en reaccións químicas, como precursor na elaboración de sales de cobalto e como pigmento en pinturas e cerámicas. Ademais, é clave na fabricación de baterías de ións de litio, sendo material de partida para compostos máis complexos empregados como cátodos nestas baterías.

Véxase tamén

Outros artigos Sulfato de cobalto(II) Óxido de cobalto(III) Cobalto

Categoría:Compostos químicos Categoría:Hidróxidos Categoría:Cobalto