Kusamakura (en ; en ) é unha novela de Natsume Sōseki, publicada no 1906. O autor describíuna como unha "novela haiku", polo seu peculiar estilo de escrita.

Sinopse Kusamakura conta a historia dun artista que se retira a un afastado hotel nas montañas, onde coñece á súa anfitrioa, O-Nami, que lle recorda á Ophelia (c. 1851) de John Millais (1829-1896). Malia estar á procura de temas para pintar, pasa a meirande parte do seu tempo escribindo poesía. As súas poesías intégranse nun texto que reflicte escenas da súa vida de reclusión. Estas meditacións conteñen numerosas citas e referencias a pintores e escritores xaponeses, chineses e europeos. Por exemplo, o protagonista analiza a diferenza entre poesía e pintura defendida por Ephraim Lessing (1729-1781) no seu Laokoon oder Ueber die Grenzen der Malerei und Poesie ("Laocoonte, ou Sobre os principios da arte e da poesía", 1766). Outros autores mencionados na obra son Wang Wei (699-759), Matsuo Bashō (1644-1694), Laurence Sterne (1713-1768), Oscar Wilde (1854-1900) e Henrik Ibsen (1828-1906).

O duodécimo capítulo contén un panexírico polo pasamento de Misao Fujimura (1886-1903), un estudante de Sōseki que se suicidou nas cataratas de Kegon. O escritor descríbeo como un acto heroico en nome da poesía.Asakura (2005): 45.Sōseki (2021).

Traducións En castelán Kusamakura (2009). Tradución directa de Emilio Masiá e Moe Kuwano. Ediciones Sígueme. .

Notas

Véxase tamén Bibliografía Asakura, K. (2005). Jisatsu no shisō 自殺の思想 [Pensar o suicidio; en xaponés]. Edicións Ōta. ISBN 978-4-87233-945-1 Sōseki, N. (2021). Kusamakura (en castelán). Tradución de Emilio Masiá e Moe Kuwano. Ediciones Sígueme. ISBN 978-84-301-2089-5

Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Obras literarias de Natsume Sōseki