Hipólita Moíño Lago, coñecida co pseudónimo de Valentina Lago-Valladares, nada en Ferrol e finada en Valladolid en maio de 1917, foi unha escritora galega en galego e castelán.
Traxectoria Estudou a carreira de Maxisterio e foi profesora de ensino primario en Ferrol. Seguidora de Concepción Arenal. Colaborou en Almanaque de Ferrol, Revista Gallega, El Correo Gallego, e dun xeito máis esporádico no madrileño El Correo de la Moda, El Regional, El Faro de Ferrol, Suevia, Almanaque Gallego, El Eco de Galicia e Vida Gallega. Publicou diversos contos na prensa. Entre as súas narracións máis coñecidas salientan A lus da morte (1896) e Contos da Terriña (1906).
Dende 1914 viviu en Valladolid co seu fillo Federico, catedrático da Normal desta cidade, onde finou en maio de 1917.Necrolóxica en El Regional, 14-5-1917, p. 2. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal Casou con Gerardo Landrove Timiraos, maquinista maior da Armada, e foi nai de Gerardo, Rosa e Federico Landrove Moíño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1917 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público