José Gómez Rubio, nado en Cuntis o 1 de xaneiro de 1911 e finado en Piñeiro o 26 de abril de 1979, foi un mestre galego.
Traxectoria Fixo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, e obtivo o título de mestre en 1929.El Pueblo Gallego, 7-7-1929, p. 2. Mestre de Ferreira (San Sadurniño), co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi destituído e cesado en agosto.BOP A Coruña, 24-8-1936, p. 1.El Correo Gallego, 26-8-1936, p. 1. Foille conmutada a sanción por un ano de suspendión de emprego e soldo en setembro.El Ideal Gallego, 13-9-1936, p. 6. En 1944 destinárono inicialmente como mestre á escola de San Cristovo de Arantón e despois pasou á Agrupación Mixta de Santa Comba, onde foi director e secretario da Xunta Municipal. En 1973 integrouse no novo Colexio Público Barrié de la Maza. Finou en Piñeiro o 26 de abril de 1979.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-4-1979, p. 50.
Recoñecementos
A Corporación Municipal de Santa Comba deulle o seu nome a unha rúa da localidade polos 35 anos dedicados enteiramente ao ensino. Vida persoal
Casou coa mestra María Luz Vidal Sanjuán, e foi pai de Rosa María e José Manuel Gómez Vidal. Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1911
Categoría:Nados en Cuntis
Categoría:Finados en 1979
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes