miniatura|A escola de Jokiranta, onde tivo lugar o tiroteo o 2 de abril de 2024. O tiroteo na escola de Viertola tivo lugar o 2 de abril de 2024 na sede de Jokiranta da escola de Viertola, na cidade de Vantaa (Finlandia). O autor foi un neno de 12 anos que disparou a tres persoas da mesma idade, matando a un neno e ferindo de gravidade a dúas nenas.
Contexto
A escola de Viertola é unha escola de ensino primario situada no barrio de Viertola, no distrito de Tikkurila, Vantaa. A cidade de Vantaa é a cuarta cidade máis poboada de Finlandia con 242 819 habitantes en 2022 e forma parte do Gran Helsinqui.
Os sucesos ocorreron en Finlandia, o país da Unión Europea con máis armas de fogo por habitante, e non foi o primeiro caso dun tiroteo nun centro escolar, tendo sucedido outros como o de Jokela e o de Kauhajoki nos anos 2007 e 2008 respectivamente, nos que morreron 20 persoas e que levaron a un endurecemento da lexislación sobre a posesión e uso de armas no país nórdico.
A escola ten en 2024 ao redor de 800 estudantes e nela traballan unhas 90 persoas. Na escola hai uns 40 alumnos e alumnas da denominada educación policlínica, destinada a nenas e nenos que precisan asistencia psiquiátrica infantil.
Os sucesos Os sucesos comezaron pouco despois das 9:00, cando logo de escoitarse disparos, as nenas e nenos da escola foron encerrados nas aulas. Ás 9:08 a policía recibiu un aviso da escola, onde se presentou uns nove minutos máis tarde. As autoridades policiais advertiu á poboación da zona para que non abriran as portas das súas casas a persoas descoñecidas antes de que atraparan ao sospeitoso dos feitos ao redor das 10:00 no barrio de Siltamäki, en Helsinqui, requisando ao mesmo tempo a pistola coa que presuntamente cometera os actos.
Ás 13:00 a policía ofreceu unha conferencia de prensa para informar dos feitos.
Na mañá do mércores 3 de abril a canle de televisión pública finlandesa Yle informaba de que o motivo do tiroteo fora o acoso escolar, citando fontes propias. Horas máis tarde a policía confirmaba esta información a través dun comunicado no que sinalaba:
O neno que tería disparado contra outros alumnos da escola fora trasladado á escola de Viertola a principios do ano 2024.
Consecuencias De acordo coa lexislación finlandesa o presunto autor non tería responsabilidade penal, xa que esta comeza cando unha persoa cumpre os 15 anos, polo que se considera que ao ter 12 anos non é plenamente responsable dos seus actos e non pode ser levado ante un tribunal. Ademais a policía non podería reter ao menor máis de 24 horas, polo que logo do interrogatorio o neno foi entregado aos servizos sociais.
O caso abriu o debate sobre a rebaixa na idade na que unha persoa ten responsabilidade penal en Finlandia. En agosto de 2023 ministra do interior Mari Rantanen, do partido de ultradereita Perussuomalaiset, sinalou que o seu partido quería estudar a posibilidade de reducir a idade na que unha persoa ten responsabilidade penal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Acoso escolar
Categoría:2024 Categoría:Masacres Categoría:Finlandia