As do hóckey (en ) é unha serie de televisión catalá producida por Televisió de Catalunya e Brutal Media e estreada o 29 de abril de 2019. É o resultado do traballo de fin de grao de catro estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade Pompeu Fabra: Laura Azemar, Ona Anglada, Natàlia Boadas e Marta Vivet. Presentaron o proxecto no Pitching Audiovisual do Clúster Audiovisual de Cataluña e espertou o interese de varias produtoras catalás, entre elas Brutal Media, que levou a cabo o seu desenvolvemento.

As do hóckey foi galardoada co premio CIMA á igualdade no FesTVal. Netflix engadiuno ao seu catálogo mundial en setembro de 2019. Estreouse dobrada en galego na plataforma AGalega da TVG.

Personaxes Iria del Río como Anna Ricou Mas Natàlia Barrientos i Bueno como Berta Figuera Terrats Dèlia Brufau i Centelles como Emma Ricou Mas Yasmina Drissi i Sales como Laila Bakri Clàudia Riera i Bertran como Gina Camps Asia Ortega i Leiva como Florencia «Flor» Vilamayor Mireia Oriol como Lorena Sánchez Ballart Júlia Gibert i Comella como Raquel Alcober Monforte Laia Pérez i Fontan como Janina Díaz

O resto do elenco está composto por: Guillermo Lasheras i Tebar como Quim Puigdevall Centelles «Putxi» Xúlio Abonjo como El Pela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020 Categoría:Series de televisión de Cataluña Categoría:Series de Televisió de Catalunya Categoría:Series de televisión en lingua catalá Categoría:Series de televisión con versión galega