Antonio Jesús Caballero Ramírez, nado en Martos o 6 de xaneiro de 1994, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Cornellà, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Nacido en Martos, na provincia de Xaén, formouse na canteira do Martos CD, debutando co primeiro equipo na Tercera División na tempada 2013/14. Comezou a tempada 2014/15 nas filas da Real Balompédica Linense, da Segunda División B, pero pouco despois fichou polo Lucena, da mesma categoría.

A continuación pasou de novo polo Martos, e vestiu as camisetas da UD Ciudad de Torredonjimeno, do Atlético Mancha Real e do Elche B. O 15 de abril de 2017 debutou co primeiro equipo do Elche na Segunda División, substituíndo a Armando na segunda metade dun partido ante o Numancia.

Na tempada 2017/18 fichou polo Rápido de Bouzas, que con Borja Jiménez no banco completou ese ano a mellor campaña da súa historia, quedando a un só posto da promoción de ascenso á Segunda División. Foi o xogador de campo con máis partidos do equipo (37). Trala súa saída de Vigo, pasou polo Castellón, o Badajoz e o Mirandés, este último de Segunda División. En 2021 recalou na nova Primeira División RFEF, categoría na que vestiu durante os seguintes anos as cores do UCAM Murcia, o San Fernando, o Córdoba e o Cornellà.

Notas

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Lucena CF Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do San Fernando CD Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores da UE Cornellà