Xesús Manuel Valcárcel López,O autor cambiou legalmente a orde dos seus apelidos.Anuncio dunha charla de Xesús Manuel Valcárcel López na Biblioteca Nodal da Coruña nado en Romeán (Lugo) en 1955, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo e no Instituto da mesma cidade, licenciouse en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e accedeu a catedrático de Lingua galega e Literatura de secundaria. Tamén exerceu a docencia nas Universidades de Santiago e Granada e ten desempeñado diferentes actividades na administración educativa galega.

Entrou, co seu irmán Xulio, no colectivo poético Cravo Fondo en 1977. É promotor da teoría filosófica do movemento artístico e literario galego denominado sentimentalismo e a editorial Bubela.

Colaborou no Boletín da Real Academia Galega e no Boletín galego de literatura.

Obra en galego Poesía Tránsito (1984). Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-467-9. Emaín (1985). Revista Coordenadas. Monografías universitarias. Ilustrado por Xulio Maside. Rosa clandestina (1988). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 84-86021-95-2. Areas do fondo (1992). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-616-5. A porta de lume (1992). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 84-86046-51-3. Manual para aprendices (1993). Aurum (1996). Sons Galiza. Reeditado no 2010 en Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-5-0 Monte do Cerveiro (2006). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-934933-0-1. Tratado de amor universal (2006). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-934933-2-5. Tensión nuclear (2007). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-934933-3-2. Tensión nuclear (2013). Santiago de Compostela: Bubela. ISBN 978-84-938294-9-0. Casa do poder (2009). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-1-2. Como hai que vivir? (2009). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-0-5. ¿Cómo hay que vivir? (2013). Santiago de Compostela: Bubela. ISBN 978-84-939876-9-5. Don da profecía (2009). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-2-9. Panfleto contra adversos: nefastos, pederastas, artiocres, chumbeiros, fillosdeputa, poetastros, politicastros, maliciosos, putrefactos, nocivos, tóxicos, covardes, malditos e outras herbas criminais (2012). Santiago de Compostela: Bubela. ISBN 978-84-939876-8-8

Narrativa Contos nocturnos (1985). Vigo: Galaxia. 200 páxs. ISBN 9788471545053. O capitán lobo negro (1995). Vigo: Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-84-8288-009-9. Matar o tempo (1995). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 9788475078748. Os ollos da sentinela (1997). Vigo: Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-8288-110-2. 14 relatos. As grandes carballeiras (1998). Vigo: Galaxia. 480 páxs. ISBN 978-84-8288-249-9. Novela.

Ensaio Normalización e currículo: posibilidades interdisciplinares, 1993, Xunta de Galicia.O autor publicou este libro co nome de Xesús López ValcárcelFicha no Proxecto Meiga do libro Normalización e curriculo: posibilidades interdisciplinares Animal sentimental (1997) Ir Indo. ISBN 84-7680-236-6. Dialéctica sentimental (1997). Ir Indo. ISBN 84-7680-237-4. Práctica sentimental (1997). Ir Indo. ISBN 84-7680-252-8. Estas tres obras foron traducidas ao castelán como Trilogía sentimental no 2009, publicado por Editorial Bubela. "A formación do profesorado de lingua galega e literatura: dificultades e necesidades" (2002). En Actas da VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias. Manifesto sentimentalista. Movemento de vangarda artística e literaria (2006). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 84-934933-1-7. Trilogía sentimental (2009). Santiago de Compostela: Bubela. ISBN 978-84-937176-3-6. A arte da liberación persoal (2010). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-8-1. O gran saber (2010). Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-7-4. Rebelde stil novo: fundamentos teóricos do sentimental_ISMO. Terceiro manifesto (2010) Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-2-4. Aprendizaxe sent (2011). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-5-5. Un novo camiño a Compostela: a vía sentimentalista (2011). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-2-4. Organización, estratexia e símbolos do sentimentalismo (2011). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-7-9

Rebelde estilo nuevo (2013). Santiago de Compostela: Bubela. ISBN 978-84-938451-8-6. Qué o sentimentalismo?: ideario básico (2014). Santiago de Compostela : Bubela. ISBN 978-84-941864-5-5. Sentimentalismo: proposta linguística = propuesta lingüística (2016). Santiago de Compostela: Bubela. ISBN 978-84-943845-3-0. Akelarre Kriminal (2018). Santiago: Bubela. ISBN 978-84-948467-8-6. Amo severo (2018). Santiago: Bubela. ISBN 978-84-949573-0-7. Um lugar nas montanhas (2018). Santiago: Bubela. ISBN 978-84-943845-9-2. Gente agavilhada (2018). Santiago: Bubela. ISBN 978-84-948467-1-7. Quebrar as cadeias (2018). Santiago: Bubela. ISBN 978-84-943845-8-5. Terceira casa de acolhida (2018). Santiago: Bubela. ISBN 978-84-948467-0-0. Seis ventos (2018). ISBN 978-84-948467-3-1. Urbanização magnólias (2018). Portugués. ISBN 978-84-948467-4-8. Caramelos de cereja (2018). Portugués. ISBN 978-84-948467-2-4. Um príncipe azul oscuro (2018). ISBN 978-84-948467-9-3. Controle mental muncial (2019), en portugués, ISBN 978-84-949573-9-0. Control mental mundial (2019), en castelán, ISBN 978-84-120472-6-4.

Debuxos e artes plásticas Sete por sete (2012). Editorial Bubela. ISBN 978-84-939876-6-4.

Obras colectivas Cravo fondo, 1977, Follas Novas. O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra. Materia prima. Relatos contemporáneos, 2002, Xerais. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación, 2011 Sentimentalismo. I Antoloxía transcendental, 2015 Sentimentalismo. II Antoloxía transcendental, 2017 Sentimentalismo. III Antoloxía transcendental, 2017

Premios Premio Galicia de narrativa do Concello de Santiago en 1984, por Contos nocturnos. Premio Celso Emilio Ferreiro, por Coordenadas. Premio Leliadoura no 1988, por Rosa clandestina. Premio Esquío de poesía no 1991, por A porta de lume. Premio da Crítica española no 1995, por O capitán Lobo Negro.

Obra en castelán Poesía Pulsando la ciudad atormentada (1975). Edición do autor, Lugo.

Vida persoal Naceu Xesús Manuel López ValcárcelNa Diciopedia do século 21: "Valcárcel, Xesús V. López Valcárcel, Xesús"., pero mudou legalmente a orde dos apelidos. É irmán de Xulio López Valcárcel, tamén escritorGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Burofax información biográfica Vídeos sobre o Sentimentalismo

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Premio Esquío Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela