A AC-306 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Bexo (Dodro) e A Vacariza (Rianxo); atravesa os concellos de Dodro e Rianxo. Ten unha lonxitude de 2,59 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-305 en Bexo (Dodro) e finaliza na Vacariza nunha rotonda que xestiona o tráfico xerado pola saída 11 da AG-11 e a AC-553.
Segundo os datos de intensidade media publicados pola Xunta de Galicia, no ano 2023 esta estrada contabilizou 443 vehículos dos que un 6,8% corresponderon con tráfico pesado.
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Dodro Categoría:Rianxo