El visitante é un filme boliviano-uruguaio de 2022 dirixido por Martín Boulocq e escrito por Boulocq e Rodrigo Hasbun. Conta a historia de Humberto que busca recuperar o vínculo coa súa filla e ofrecerlle unha vida digna despois de saír do cárcere, aínda que conseguir a súa custodia será moi difícil. Está protagonizado por Svet Mena e Enrique Araoz. Foi escollido como candidato de Bolivia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

El visitante estreouse internacionalmente na 20ª edición do Festival de Cinema de Tribeca o 11 de xuño de 2022, onde gañou premio ao mellor guión no Concurso Internacional.

Sinopse Humberto é un cantante que acaba de saír do cárcere, e o seu maior desexo é reencontrarse coa súa filla e ofrecerlle unha vida digna. Porén, os avós da nena, pastores evanxélicos, non están dispostos a renunciar facilmente á custodia da súa única neta.

Personaxes Enrique Araoz como Humberto Svet Mena como Aleida César Troncoso como Pastor Carlos Mirella Pascual como Elizabeth Teresa Gutiérrez como Norma Romel Vargas como Joaquín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bolivia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Bolivia Categoría:Filmes do Uruguai Categoría:Filmes rodados en Bolivia Categoría:Filmes ambientados en Bolivia