A OU-902 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades do Carballiño e Samprizón (Lalín); atravesa os concellos do Carballiño e O Irixo. Ten unha lonxitude de 14,95 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-902 en Samprizón (Lalín) co límite provincial de Ourense e Pontevedra e finaliza nun cruzamento coa N-541 no Carballiño.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:O Carballiño Categoría:O Irixo