A AC-553 (na provincia da Coruña), é unha estrada de primeiro nivel da Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Une a Autovía do Barbanza coa Ponte de Catoira sobre o río Ulla.
Percorrido Transcorre na súa totalidade pola parroquia de Isorna, termo municipal de Rianxo. Iníciase preto do lugar da Vacariza, na rotonda que xestiona o tráfico da estrada AC-306 e a saída 11 da Autovía do Barbanza AG-11. Tras percorrer unha lonxitude de 1,44 quilómetros, finaliza no lugar do Regueiro mediante unha rotonda no cruzamento coas estradas DP-3301 e DP-7206, dando esta última acceso á Ponte de Catoira.
A Xunta de Galicia non publicou datos sobre os aforos de tráfico desta vía nos anos 2023 e 2022.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Rianxo