Liú Làng Dì Qiú Èr (en ) é un filme chinés de 2023 dirixido e coescrito por Frant Gwo. Está protagonizado por Wu Jing, Andy Lau e Li Xuejian. O filme é unha precuela do filme de 2019 Liú Làng Dì Qiú, que á súa vez se basea na historia curta homónima de Liu Cixin, quen tamén é produtor do filme.

Logo do grande éxito do seu predecesor, Guo anunciou unha secuela o 20 de novembro de 2019 antes de que o proxecto fose confirmado o 21 de xullo de 2021. A produción comezou oficialmente o 13 de outubro de 2021. Liú Làng Dì Qiú Èr estreouse o 22 de xaneiro de 2023, o día do Ano Novo Chinés. Recadou 604 millóns de dólares, converténdose no noveno filme con maior recadación de 2023.

Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O terceiro título da serie, The Wandering Earth 3, estrearase en 2027.

Personaxes

Wu Jing como Liu Peiqiang Andy Lau como Tu Hengyu Li Xuejian como Zhou Zhezhi Sha Yi como Zhang Peng Ning Li como Ma Zhao Wang Zhi como Han Duoduo Zhu Yanmanzi como Hao Xiaoxi Khalid Ghanem como comandante da torre Andy Friend como Mike, o embaixador estadounidense Vitalli Makarychev como Andre Graschnov Clara Lee, Tony Nicholson e Vladimir Ershov como os tres secuestradores do ascensor espacial que intentaron facerse pasar por aprendices de astronautas. Daniela Dassy como astronatura brasileira.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Frant Gwo Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Irlanda Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes rodados na India Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX