Konkeuliteu Yutopia (en ) é un filme surcoreano de 2023 dirixido por Um Tae-hwa, que escribiu o guión xunto con Lee Shin-ji, e baseáse no webtoon Pleasant Outcast de Kim Soongnyung. Está protagonizado por Lee Byung-hun, Park Seo-joon e Park Bo-young.

Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Seúl queda devastada durante a noite por un gran terremoto. Todo se derrubou e só un lugar permanece intacto: os apartamentos do Palacio Imperial. Os veciños comezan a sentirse ameazados xa que os superviventes externos que escoitaron falar deste refuxio acuden aos pisos. Únense para sobrevivir e cun novo líder residente, Yeong-tak, crean novas regras para os residentes e impiden a entrada de persoas de fóra. Grazas a isto, a diferenza do mundo infernal exterior, os apartamentos utópicos permanecen seguros e tranquilos. Nunha crise interminable para a supervivencia, con todo, comeza un conflito inesperado entre eles.

Personaxes

Lee Byung-hun como Yeong-tak (room 902) Park Seo-joon como Min-sung (room 602) Park Bo-young como Myeong-hwa (room 602) Kim Sun-young como Geum-ae (room 1207) Park Ji-hu como Hye-won (room 903)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes ambientados en Seúl