Tengo sueños eléctricos é un filme costarriqueño de 2022 dirixido por Valentina Maurel. Está protagonizado por Reinaldo Amien Gutiérrez, Daniela Marín Navarro, Vivian Rodriguez, Adriana Castro García e Jose Pablo Segreda Johanning. O filme foi producido por Gregoire Debailly e Benoit Roland e é unha coprodución de Costa Rica, Bélxica e Francia. Conta a historia dunha rapaza Eva, que vive coa súa nai, a súa irmá pequena e o seu gato. O filme recolle a delgada liña entre o amor e o odio, nun mundo onde a agresión e a rabia se entrelazan coa vertixe do espertar sexual feminino. Estreouse na 75ª edición do Festival de Cinema de Locarno o 8 de agosto de 2022, onde gañou o Premio Pardo ao mellor director, mellor actriz e mellor actor.
Personaxes Reinaldo Amien Gutiérrez como Martín Daniela Marín Navarro como Eva Vivian Rodriguez como Anca Adriana Castro García como Sol Sarah Lefèvre José Pablo Segreda Johanning
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Costa Rica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Costa Rica Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia