Luis Rodríguez Chacón, coñecido como Luis Chacón, nado en Pontedeume o 30 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo esquerdo no Real Valladolid, da Segunda División.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Racing de Ferrol, debutou co primeiro equipo con só 16 anos, nun encontro da Segunda División B ante o Somozas. Despois de dous anos e medio máis no xuvenil, nas tempadas 2019/20 e 2020/21 foi cedido ao propio equipo das Somozas, que para entón xogaba xa na Terceira División. Disputou un total de 58 partidos co club, co que marcou 10 goles e disputou unha promoción de ascenso.
Na tempada 2021/22 incorporouse ao primeiro equipo do Racing de Ferrol, na nova Primeira División RFEF. Xogou no primeiro equipo ferrolán dúas campañas, sendo un xogador importante sobre todo na segunda delas, na que o club conseguiu regresar á Segunda División despois de 15 anos de ausencia, tras proclamarse campión do Grupo I de Primeira RFEF. Chacón contribuíu con 29 partidos de liga e 5 goles.
En agosto de 2023 fichou polo Arenteiro, que viña de ascender á Primeira Federación. Titular indiscutible na súa única tempada no Carballiño, marcou 10 goles, sendo o máximo goleador e un dos xogadores máis destacados do equipo, que acadou unha sorprendente oitava praza na liga.
En xullo de 2024 asinou un contrato por catro anos co Deportivo da Coruña, converténdose na primeira fichaxe do club no seu regreso á Segunda División despois de catro tempadas na terceira categoría. Realizou a pretempada co equipo e debutou en partido oficial na segunda xornada de liga ante o Huesca, entrando ao campo no último minuto no lugar de Yeremay.
Con todo, unha semana despois saíu cedido á Cultural Leonesa, da Primeira Federación. No club leonés coincidiu con outros seis futbolistas galegos (Quique Fornos, Pibe, Kevin Presa, Bicho, Antón Escobar e Manu Justo) e completou unha brillante tempada que culminou cun histórico ascenso á Segunda División como campión do Grupo I. Foi o xogador máis destacado do equipo, contribuíndo ao ascenso con 13 tantos e cinco asistencias, e foi o autor do único gol do seu equipo na última xornada de liga contra o Andorra no Reino de León, converténdose así no "heroe do ascenso". A súa gran tempada valeulle o premio da AFE ao mellor xogador da Primeira Federación.
A súa cesión ampliouse por un ano máis e xa na categoría de prata volveu ser a referencia ofensiva do club leonés, xogando todos os partidos de liga, agás os dous contra o Deportivo da Coruña, que non puido disputar por unha cláusula do seu contrato. Foi de novo o máximo goleador da Cultural con 8 tantos, pero non foi suficiente para evitar o descenso do equipo á Primeira Federación.
En xullo de 2026 anunciouse o seu traspaso ao Real Valladolid, de Segunda. Deixou o Deportivo da Coruña como o futbolista con menos tempo de xogo de todos os que chegaron a debutar co club na súa historia, co seu único minuto disputado ante o Huesca.
Selección galega Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesRacing de Ferrol2016/17Segunda B10----102018/19Terceira41--0041Somozas2019/20Terceira276----2762020/21Terceira284--30314Total club551000305810Racing de Ferrol2021/221ª RFEF24010102602022/231ª RFEF 29 5 1010 315Total club5862020626Arenteiro2023/241ª RFEF 36 10 20- - 3810Deportivo da Coruña2024/25Segunda10----10Cultural Leonesa2024/251ª RFEF3512002137132025/26Segunda40820--428Total club752020217921Total carreira 225 46 607 1 23847
Palmarés Racing de Ferrol Primeira Federación (1): 2022/23.
Cultural Leonesa Primeira Federación (1): 2024/25.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Futbolistas de Pontedeume Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do CD Arenteiro internacionais coa selección de fútbol de Galicia