Primitivo Francisco Carbajo Centeno, coñecido como Primitivo Carbajo, nado en Fuentes de Ropel (provincia de Zamora) o 21 de decembro de 1953, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Licenciouse en Xornalismo en Madrid, traballou como xornalista en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, na Coruña, e no Diario de Galicia en Vigo. Colaborou en A Nosa Terra, Galicia Internacional e noutras publicacións galegas e foi guionista en varios programas da TVG. Foi correspondente de periódicos e revistas con sede en Cataluña e Madrid e de El País entre finais de 1994 e finais 2012. Foi director de Comunicación da Universidade de Vigo (1999-2005) e fundador de Duvi, o seu diario dixital.
Obra Paco Vázquez, a pegada dun príncipe (1993). Con Luís Pita. Vigo: Xerais. ISBN 978-8475076997.
Salgheirón (2021). Cangas de Morrazo: Morgante. 284 páxs. ISBN 978-84-15166-92-4. É a crónica dun arduo conflito urbanístico en Cangas de Morrazo nos primeiros anos do século. A marcha da paz secuestrada (2024). Cangas de Morrazo: Morgante. 284 páxs. ISBN 978-84-19040-20-6. En palabras do autor, este libro reivindica e quere ser parte do antigo grito pola paz contra o pregón actual da guerra. Os Baltar, a senda do caciquismo na democracia plena. Con Cristina Huete. Morgante, 211 páxs. ISBN 978-84-19040-45-9. Crónica que segue a pegada da héxira de José Luis Baltar e O Fillo en Ourense. Un país de eucaliptos (2026). Morgante. ISBN 978-84-19040-68-8.
En castelán Derrotas andinas (2021). Cangas de Morrazo: Morgante. 392 páxs. ISBN 978-84-15166-98-6. Este libro naceu para render memoria aos Cronistas de Indias no marco conmemorativo do Quinto Centenario do Descubrimento de América. Notas
Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Nados en 1953 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá