A batalla de Guadalete (en arabe: معركة وادي لكة, Maʿrakat wādī laka, ou معركة شذونة, Maʿrakat šiḏūna [Sidonia]) foi un enfrontamento armado entre tropas visigodas ao mando do seu rei, Rodrigo, e un continxente musulmán liderado por Tariq ibn Ziyad, enviado de Musa ibn Nusayr, gobernador da provincia de Ifriqiya. A batalla aconteceu o 19 de xullo de 711 e supuxo a vitoria do exército omeia. A partir de crónicas árabes dos séculos X e XI,Galisteo (2012), p. 111 afirmouse o enfrontamento entre o exército visigodo, comandado por derradeiro rei, Rodrigo, e un exército musulmán procedente do norte de África e que entrou na Península grazas ós partidarios de Vitiza, o anterior rei, que preferían que accedese o trono o fillo deste, Akhila, e que estivo comandado por Tariq ibn Ziyad, ás ordes co califato omeia de Damasco.
O lugar en que se celebrou a batalla é descoñecido, aínda que todo apunta ao sur da actual provincia de Cádiz. Tamén é incerta a data, se ben a maior parte das fontes falan da segunda quincena de xullo.
Como consecuencia da batalla, que supuxo un revés moi importante para o reino visigodo, e na que o rei Rodrigo foi morto, rematou o reino visigodo, que non colapsou de inmediato, e comezou a invasión musulmá da Península Ibérica e as tropas musulmás necesitaron toda a década para controlar os seus territorios.
Fontes Fontes latinas Cronoloxicamente, a primeira fonte é a Crónica de 741, que é unha fonte hispana case contemporánea, pero non contén ningún material orixinal relativo á batalla; polo que a fonte principal da batalla é a Crónica mozárabe, que foi escrita pouco despois de 754, probablemente nas proximidades de Toledo;Collins (1989), pp. 26-27 (Collins defende a súa procedencia toledana, mais outros autores suxeriron Córdoba ou, mesmo Siria).Collins (2005), p. 262 está escrita en latín, seguramente por un cristián mozárabe.
A única outra fonte cristiá latina escrita nun século despois da batalla é a Historia Langobardorum de Paulo o Diácono. Este, non era nin visigodo nin hispano, pero probablemente escribía en Montecassino entre 787 e 796, onde se refuxiaran moitos monxes visigodos.
Varias fontes cristiás latinas posteriores conteñen relatos descritivos da batalla nos que en ocasións confiaron os historiadores, sobre todo a Crónica de Afonso III, escrita por Afonso III de Oviedo a finais do século IX. Outros relatos altomedievais, como o de Lucas de Tui, son en xeral pouco fiables e conteñen moitas lendas e inventos.
Fontes árabes Ademais das fontes cristiás latinas, hai varias fontes en lingua árabe, moi utilizadas polos historiadores pero cada vez máis criticadas.No século XIX, Reinhart Dozy comparounas coas Mil e unha noites. Máis recentemente, Collins (1989) comparounas co Cantar de Roldán para a historia francesa (p. 34) ou coa Lebor na Cert e Cogadh Gaedhel re Gallaibh para a historia irlandesa (p. 5), en termos de valor histórico. Ningunha delas é anterior a mediados do século IX. A máis antiga, é a Futuh Misr wa’l-Maghrib ("Conquistas de Exipto e do Magreb") de Ibn Abd al-Hakam (c. 803–871), escrita polo 860 e compilada en Exipto.Collins (2005), p. 138 Este relato, máis rico en detalles que a Crónica mozárabe, está en desacordo non só coas historias latinas posteriores, senón tamén coas posteriores árabes: a compilación anónima chamada Akhbar Majmu'ah, a obra de finais do século X de Ibn al- Qūṭiyya ("o fillo [é dicir, descendente] do godo [é dicir, Vitiza]"), o historiador do século XI Ibn Hayyān, a al-Kāmil fit-Tārīkh (Historia completa) do século XIII de Ibn al-Athir, a historia do século XIV de Ibn Khaldún, ou o obra moderna de Al-Maqqarī.Para unha valoración sobre a relevancia destas fontes para o período da conquista da Hispania gótica, véxase Collins (1989), pp. 1–5.
O Akhbar Majmu'ah en particular foi confirmado por Claudio Sánchez-Albornoz como unha auténtica obra do século VIII que sobrevive só en copias posteriores, pero esta opinión foi refutada desde entón.Collins (1989), p. 3 O orientalista francés Évariste Lévi-Provençal, pola súa banda, defendeu a Ibn Hayyān como o máximo historiador musulmán da época (e da batalla).Collins (1989), p. 2 (nota 3) e p. 3 (nota 5) resume parte do debate sobre as fontes árabes. Entre os historiadores angloamericanos modernos, Roger Collins, R. A. Fletcher, E. A. Thompson e Kenneth Baxter Wolf son escépticos coas fontes árabes e confían máis na Crónica mozárabe. Os historiadores Thomas F. Glick e Bernard S. Bachrach son menos escépticos. Collins en particular rexeita un enfoque sincrético que incorpore información de todas as fontes dispoñibles.
Datación e localización
Datación Tradicionalmente, tense aceptado a data de 711 para a batalla, aínda que esta data non é a que se ofrece na Crónica mozárabe, que a data no 712 e a fai anterior á conquista de Toledo, atribuída a Muza no 711. A discrepancia tense resolto preferindo a ordenación do cronista antes que a datación, polo que se a batalla foi no 712, a caída de Toledo, que foi posterior, puido ser ese mesmo ano.Collins (2004), p. 135 As fontes árabes dan unha data exacta do 25 ou 26 de xullo.Bachrach (1973), p. 32 Segundo David Levering Lewis, a batalla tivo lugar o 19 de xullo de 711 e, antes da batalla, houbera unha semana enteira de escaramuzas non concluíntes preto da lagoa de La Janda, na chaira que se estende desde o río Barbate ata o río Guadalete.Lewis (2008), pp. 123–124.
Localización A pesar do seu nome, a localización da batalla na ribeira do Guadalete é moi improbábel. Este río atópase a máis de tres días de marcha de Xibraltar, onde Tariq estabelecera o seu campamento. A identificación do lugar da batalla con este río fíxose en base ás fontes musulmáns que falan da batalla do wadi lakka (río da Lagoa, en tradución literal). O soporte que o medievalista Claudio Sánchez Albornoz deu a esta hipótese fixo que a denominación se popularizase nos libros de texto.Sánchez Albornoz (1972)
As fontes árabes, segundo Abd al-Ḥakam, afirman que Ṭāriq marchaba de Cartaxena a Córdoba —despois de derrotar a un exército gótico que intentou detelo— cando se atopou con Rodrigo na batalla preto de Shedunya, probablemente a moderna Medina Sidonia.Collins (2005), p. 139 Os relatos árabes posteriores, a maioría deles xerados a partir de al-Ḥakam, tamén sitúan a batalla preto de Medina Sidonia, "preto do lago" ou Wadilakka (río Lakka), moitas veces identificado como o río Guadalete, lagoa de La Janda,Glick (1973), p. 31 corrente de "Beca",Shaw (1906), p. 223 (segundo el, Guadabeca converteuse en Guadaleca e finalmente Guadalete) ou o río Barbate (é dicir, os seus vales asociados).
A fonte cristiá máis antiga, e a fonte máis próxima no tempo aos acontecementos, di que tivo lugar preto dos "promotorios transdutínicos" non identificados (Transductinis promonturiis).Collins (1989), p. 28 Thomas Hodgkin, probablemente seguindo a Rodrigo Jiménez de Rada, colocou a batalla en Xerez da Fronteira.
Na actualidade Fixéronse moitas outras propostas de localización da batalla, case todas elas na contorna da baía de Alxeciras, como a ribeira do río Barbate en Medina Sidonia,Collins (2005), p. 139 o río Salado de Conil, nas proximidades de Tarifa, no Campo de Xibraltar,Beneroso Santos (2020) ou a proposta de Joaquín Vallvé, quen a partir do estudo da toponimia, localiza o choque nas beiras do Guadarranque, que di que podería derivar do Wad al-Rinq (río de Roderic).Glick (1979), p. 32 No 2023, un equipo comandado por José Soto Chica, profesor da universidade de Granada, propuxo a súa localización na zona onde o río Almodóvar regaba a lagoa de La Janda, hoxe desecada. Contexto histórico Tradicionalmente, se establece que o reinado de Rodrigo data do 710–711 mais unha lectura literal da Crónica mozárabe de 754 indica 711–712. Por outra banda, tampouco se pode admitir que Rodrigo gobernase sen oposición pois a súa chegada ao trono trala morte de Vitiza e, nas fontes, segue estando pouco clara a circunstancia de se morreu por causas naturais ou asasinado.Collins (2005), p. 125 É posible que Rodrigo fose probablemente o dux (duque) da Bética antes de chegar ao trono.Reilly (2003) pp. 49–50. As probas arqueolóxicas e dúas listas de reis superviventes mostran que un tal Akhila II gobernaba no nordeste do reino neste momento (co apoio da viúva de Vitiza e unha parte da nobreza, polo que se especula que fose fillo del), e entraron en conflito aberto, do cal saíu vitorioso Rodrigo que, rapidamente, ocupou a Septimania dende Zaragoza até Nîmes. Mesmo na zona controlada por Rodrigo continuou habendo certa oposición pois a "usurpación" do trono é descrita pola Crónica Mozárabe como invasión, al afirma r que no 711, Rodrigo «invadiu tumultuosamente o reino co respaldo do Senado»Collins (1989), p. 28Collins (2005), p. 135 A seguir, os partidarios do bando vitizán e máis os apoios de Akhila entraron en contacto co prefecto bizantino de Ceuta, o Conde Julián, e con Tariq ibn Ziyad, o gobernador musulmán de Tánxer.
A batalla de Guadalete non foi un ataque berber illado senón que as forzas bérberes, probablemente, estiveran acosando a península por mar dende a conquista de Tánxer no 705–706, e continuaron cunha serie de incursións polo estreito de Xibraltar dende o norte de África, que tiveron como resultado o saqueo de varias cidades do sur da península Ibérica. Algunhas fontes árabes e cristiás posteriores presentan unha incursión anterior dun certo Ṭāriq en 710 e outra, citada na Crónica de Afonso III, refírese a un ataque árabe incitado por Ervixio durante o reinado de Wamba (672–680). Dous exércitos razoablemente grandes puideron estar no sur durante un ano antes de que se librase a batalla decisiva.Collins 2004, p. 139 Un dirixido por Ṭāriq ibn Ziyad e outro baixo o mando xeral de Mūsā ibn Nuṣayr. A maioría dos relatos árabes e bérberes coinciden en que Ṭāriq era un líder militar bérber do norte de África, que hoxe é a hipótese máis respaldada, outros autores como, Ignacio Olagüe, argumenta que Ṭāriq era un godo e o gobernador nominal de Tinxitania; e outras fontes, argumentaron que Ṭāriq era xudeu,Norman Roth (1976), "The Jews and the Muslim Conquest of Spain," Jewish Social Studies, 38 (2), 146–148. persa ou turco.
Segundo todas as fontes, sendo o máis antigo Paulo o Diácono, Ṭāriq partiu de Ceuta (Septem) e desembarcou na Rocha de Calpe, o posterior Xibraltar, que as fontes árabes derivan de Jebel Tariq, "Rocha de Ṭāriq".Thompson (1969), pp. 250–51. Mais hai outras versións como a dunha lenda rexistrada por primeira vez por Al-Idrīsī, que afirmaba que Ṭāriq queimou os seus barcos despois de desembarcar para evitar que o seu exército desertase. Desde Xibraltar trasladouse para conquistar a comarca de Alxeciras e despois seguiu a vía romana que levaba a Sevilla.Glick (1979), p. 32 Segundo Ibn ʿAbd al-Ḥakam, que escribiu arredor do 860, Ṭāriq, comandante da guarnición bérber de Tánxer, cruzou o estreito con barcos abastecidos por un tal conde Julián (en árabe, Ilyan), señor de Ceuta e "Alchadra" (Alxeciras), e desembarcou preto de Cartaxena, que capturou, e converteu no seu cuartel xeral.Collins 2004, p. 134