Vitiza: Vitiza, para os clérigos ovetenses o concitador das desgracias que moi pronto haberían de sobrevir a España, foi asociado ó trono polo seu pai, o rei Egica, que lle ordenou que habitara na cidade de Tui. [...] a elección para Vitiza da sé en Tui faise «de maneira que o pai tivera o reino dos godos e o fillo o dos suevos». ou Witiza foi rei de Galiza entre o ano 694 e o 710, e ademais de Hispania e Septimania dende o ano 702. Convocou o XVIII concilio de Toledo. Tratou de atraer a nobreza e os xudeus.Diciopedia do século 21. Foi un dos últimos reis visigodos, sucedido por Don Rodrigo e precedido polo seu pai Éxica. Traxectoria miniatura|esquerda|Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania. Foi nomeado rei de Galicia polo seu pai, quen mantivo o goberno do reino dos visigodos en tanto que o fillo rexía o dos suevos. Vitiza, estableceu a corte real en Tui, e foi un gobernante máis suave có seu pai e incluso convidou ós nobres desterrados a volver ao reino, devolvéndolles as súas posesións. Antes da súa morte asociou o seu trono ó seu fillo, Akhila II, mentres que outros nobres tomaron partido por Roderik, Rodrigo, que finalmente accedería ó trono non sen oposición dos chamados vitizianos, que un ano despois, no 711, abrirían as portas da Península ós musulmáns, pondo punto e remate ó reino visigodo. miniatura|Triente de ouro cuñado en Braga, Galicia, no que se representa a Witiza como rei.Nas crónicas do rei Afonso III, xa no século IX, dise que Vitiza rexía Galiza desde Tui, de xeito que o seu pai Éxica gobernaba o reino dos godos e o fillo o dos suevos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Galicia na monarquía visigoda Reino visigodo Historia de España Lista dos reis visigodos Historia de Galicia Moeda visigoda
Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 710