Ukiyoburo (, lit. "Os baños do mundo flotante") é unha novela de Shikitei Sanba, escrita entre 1809 e 1813. Trátase dunha das obras mestras do xénero humorístico kokkeibon. Ten ilustracións de Utagawa Kuninao e Kitao Shigemasa.

Contidos Ukiyoburo describe o humor da vida e mais da cultura cotiás, a través das conversas dun grupo de clientes dun baño público. Shikitei decidiu ambientar a historia nun local deste tipo inspirado polo libro Kengu irigomi sentō shinwa (), de Santō Kyōden, e por unha peza de rakugo de Sanshōtei Karaku.

Estrutura O texto componse de catro partes: +N.ºTítuloData de publicaciónParte 1O baño dos homes1809Parte 2O baño das mulleres1810Parte 3Omisións do baño das mulleres1812Parte 4O baño dos homes continúa1813 Malia anunciar tres partes máis, estas nunca chegaron a escribirse.

Uso da linguaxe Ukiyoburo destaca pola representación de características dialectais. Na segunda parte da obra, unha muller emprega o dialecto de Kansai, namentres outra fala no de Tokyo. A primeira delas nota como a segunda di [kwa] no canto de [ka].

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Versión dixitalizada de Ukiyoburo (Universidade Waseda)

Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Literatura en lingua xaponesa