Javier Albertos Benayas, nado en Vigo o 17 de novembro de 1975, é un fotógrafo galego.
Traxectoria Aínda que tamén traballa a fotografía como arte contemporánea, con exposicións en galerías de arte de Galicia, Brasil ou Italia, Albertos é coñecido por ser o autor de fotografía documental, centradas en particular na cidade de Vigo (con máis de 14.000 imaxes da cidade). As súas fotografías foron publicadas por revistas e xornais internacionais como o Sunday Times, The Billionaire, El Mundo, El País, Revista DT, Cadernos de Jazz, entre outros. Tamén traballou en fotografía publicitaria.
Exposicións individuais e colectivas "80 fotografías ao redor de Verne", no Museo Verbum de Vigo. Outubro de 2005. Exposición colectiva. "55", en Niteroi (Brasil). Abril de 2006. Exposición colectiva. "Jazz. En Vigo e en directo", en Vigo. Xuño de 2006. Exposición individual sobre a primeira edición do festival de Jazz de Vigo. "Eloxio da luz atlántica", en Vigo. Agosto de 2006. Exposición individual. "Identidades Mergulladas", na galería de arte Termes en Vigo. Novembro-decembro de 2006. Exposición individual. "Portraits New Trends", na Primo Piano Living Gallery en Lecce (Italia). Febreiro de 2007. Exposición colectiva internacional.
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal do fotógrafo Vigoenfotos, web onde publica as súas fotos sobre Vigo.
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes