O Nakajima G8N Renzan (cadea montañosa) foi un bombardeiro pesado xaponés da segunda guerra mundial. Foi un dos poucos bombardeiros cuadrimotores desenvolvidos no Xapón e tivo a súa orixe nun requirimento de 1943 para ser substituto do G4M con maior carga de bombas, mellores prestacións e máis armamento defensivo. Voou por primeira vez en outubro de 1944, pero cancelouse o programa a mediados de 1945 despois de construírse só catro prototipos. Os aliados alcumárono "Rita".
Categoría:Bombardeiros xaponeses da segunda guerra mundial