Adalia decempunctata, a maruxiña de dez pintas, é un coleóptero carnívoro da familia Coccinellidae.

Esta foi unha das moitas especies descritas orixinalmente por Carl Linné na súa obra do século XVIII Systema Naturae, co nome orixinal de Coccinella decempunctata. O seu nome específico en latín, decempunctata significa 'de dez pintas', aínda que o seu número de pintas é variable.

Variedades As variedades (varietas) inclúen:Biolib Adalia decempunctata var. lutea (Rossi) Adalia decempunctata var. quattuorpunctata (Linnaeus) Adalia decempunctata var. octopunctata Müller Adalia decempunctata var. lateripunctata Gradl. Adalia decempunctata var. humeralis Schaller Adalia decempunctata var. guttatopunctata (Linnaeus) Adalia decempunctata var. decempustulata (Linnaeus) Adalia decempunctata var. bipustulata Herbst

Distribución Adalia decempunctata é unha especie paleártica común que se atopa en Europa, Norte de África, Rusia europea, o Cáucaso, Siberia, Belarús, Ucraína, Moldova, Transcaucasia e Asia occidental.N. B. Nikitsky and A. S. Ukrainsky, 2016 The Ladybird Beetles (Coleoptera, Coccinellidae) of Moscow Province ISSN 0013-8738, Entomological Review, 2016, Vol. 96, No. 6, pp. 710–735 ISSN 0013-8738 online pdf GBIF

Descrición

Adalia decempunctata pode acadar unha lonxitude corporal duns 3,5-5 mm. Esta especie é moi variable. Pode ter unha cor de fondo vermella, laranxa ou marrón e entre 0 e 12 pintas escuras elitrais, aínda que en casos raros se atoparon exemplares con máis pintas, ata 15. Teñen un corpo glabro cunha forma case redonda. As patas e antenas son xeralmente marróns ou laranxas. A especie inclúe oito varietas, con tres formas básicas. As formas claras presentan de 5 a 7 pintas negras no pronoto e varias pintas negras nos élitros laranxa-vermellos. A forma escura é principalmente negra ou marrón, e o pronoto ten unha beira clara polos lados e a parte frontal. A forma mixta ten cor negra ou marrón nos élitros, cada un con cinco pintas laranxas ou vermellas. Ás veces estas maruxiñas non teñen pintas en absoluto.

Bioloxía

Aparece en bosques de frondosas do oeste de Europa, bosques caducos do leste, bosques mixtos sarmáticos e nos límites de bosques, e en parques e xardíns, páramos e nos biótopos da estepa eurasiática e estepa de Pannonia. Atópase en arbustos e árbores caducas, sobre herbas, baixo cascas de árbores, en musgos que crecen sobre árbores, en follas caídas, en matos, no cronoxilo e en solos aluviais.Koch, K., Die Käfer Mitteleuropas, Ökologie. Vol. 2 (Goecke und Evers Verlag, Krefeld, 1989).

A especie aliméntase de áfidos sobre árbores e arbustos.Savoiskaya, G. I., Coccinellid Larvae (Coleoptera, Coccinellidae) of the Fauna of the USSR (Nauka, Leningrad Branch, Leningrad, 1983) (Keys to the Fauna of the USSR, Published by the Zoological Institute of the Academy of Sciences of the USSR, No. 137) [en ruso]. Os adultos pasan o inverno entre follas caídas e outros restos.

Galería

Notas

Categoría:Cucujiformia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné