Lääne-Virumaa (en , "Viru occidental") é un dos 15 condados da Estonia, situado na parte setentrional do país á beira do golfo de Finlandia. Limita ao leste co condado de Ida-Viru, ao sur co condado de Jõgeva e ao oeste cos condados de Järva e Harju.

Goberno rexional

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

Subdivisión administrativa

O condado está dividido en 15 concellos: dous urbanos (outras dúas cidades Tamsalu e Tapa, forman parte dun concello rural) e 13 rurais.

Concellos urbanos

Kunda Rakvere

miniatura|dereita|500px|Concellos no condado de Lääne-Virumaa Concellos rurais

Haljala Kadrina Laekvere Rakke Rakvere Rägavere Sõmeru Tamsalu Tapa Vihula Vinni Viru-Nigula Väike-Maarja

Galería de imaxes

Categoría:Condados de Estonia