Temas propios é un filme uruguaio-arxentino de 2023 escrito e dirixido por Guillermo Rocamora. O filme trata dunha familia na que César, o pai, e Manuel, o fillo máis vello, deciden montar o seu propio grupo musical, mais as diferenzas xeracionais e os gustos musicais fan que a banda sexa insostible. Está protagonizado por Diego Cremonesi, Franco Rizzaro, Valeria Lois, Alfonso Tort, Vicente Pieri e Roberto Suárez. Estreouse nos cinemas do Uruguai o 24 de agosto de 2023.
Foi escollido como candidato do Uruguai para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes O elenco está composto por:
Diego Cremonesi como César Franco Rizzaro como Manuel Valeria Lois como Virginia Alfonso Tort como Yañez Vicente Luan como Agustín Roberto Suárez como Charly Ángela Torres como Eli
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Uruguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Uruguai Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais