Os norito (en ) son textos litúrxicos ou ladaíñas rituais do xintoísmo, normalmente dirixidas a un kami concreto.

Historia alt=Reprodución dun manuscrito do Kojiki.|miniatura|Reprodución dun manuscrito do Kojiki. Os primeiros norito documentados datan do período Nara, rexistrados en textos como o Kojiki (712) ou o Nihongi (720). O Engishiki, unha compilación de leis e regulacións da corte publicada en 927, contén vinte e sete formas representativas de norito.

Etimoloxía Non existe unha explicación universalmente aceptada sobre as orixes do termo "norito". Unha teoría deriva esta palabra do verbo noru 宣る ("declarar"), combinado co sufixo -to. Unha variante posible, notto, procede da combinación de norito con koto 言 ("palabra"). Isto é coherente coa interpretación de norito como "un termo xeral para o poder máxico das palabra".

Existen varios kanji para "norito". Para alén de 祝詞, a versión actualmente estandarizada, existen no rexistro histórico diversas variantes, como 詔戸言, 詔刀言 ou 諄辞.

Forma e contidos Forma Canto á súa estrutura, os norito son poemas con ritmo recitados para facilitar a súa transmisión xeracional. O canto adoitaba comezar con agradecementos ao poder supremo dos kami, e concluían con expresións de respecto e admiración.

Os norito estaban escritos, tradicionalmente, nunha variedade de man'yōgana na que as partículas e os sufixos utilizaban un tamaño máis reducido ca o do corpo do texto. Este estilo, usado tamén nos edictos imperiais ou senmyō 宣命 preservados no Shoku nihongi e outros libros do século VIII, coñécese como senmyōgaki.

Contidos Malia que obras como o Kojiki e mais o Nihon shoki conteñen relatos mitolóxicos da tradición xintoísta, o certo é que esta tradición non produciu textos de carácter teolóxico, a excepción dos norito. Estas pregarias empregábanse principalmente en rituais de purificación, e transmitían a gratitude cara os deuses polas súas beizóns, ou facían peticións como a de producir chuvia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Kotodama Kojiki Xintoísmo

Ligazóns externas Norito: texto, traducción y comentario (tese de doutoramento)

Categoría:Xintoísmo Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Relixión no Xapón