Mimar Koca Sinan ibn Abd al-Mannan, Sinaneddin Yusuf ou Abdulmennan oğlu Sinan, coñecido como Koca Mi'mâr Sinân Âğâ ( [Ḳoca Miʿmār Sinān Āġā],Cafer Çelebi: Risale-i-mimariye. 1623 lit., «Sinan Aga o Grande Arquitecto») ou Mimar Sinan (, lit. en turco moderno, «Sinan o Arquitecto»); Ağırnas, Eyalet de Karaman (actual Turquía), c. 1488/1490-Constantinopla, 17 de xullo de 1588, foi un arquitecto otomán do século XVI, contemporáneo de Vignola, Palladio, Michelangelo ou Juan de Herrera. Como arquitecto principal (turco: mimar) e enxeñeiro civil dos sultáns Suleiman o Magnífico, Selim II e Murad III, foi responsable da construción de máis de 300 estruturas principais e outros proxectos máis modestos, como escolas. Creador da arquitectura clásica otomá, que integra as tradicións orientais e as bizantinas, a súa calidade e influencia nos arquitectos musulmáns da época e posteriores, é comparable á dos citados dentro do ámbito cristián. A influencia da súa visión da arquitectura chegou ata o Imperio Mogol coa construción por parte de Shah Jahan do Taj Mahal.
Fillo dun canteiro, recibiu unha educación técnica e chegou a ser un enxeñeiro militar. Ascendeu rapidamente primeiro a oficial e máis adiante a comandante xanízaro, co título honorífico de aga. Durante as campañas cos xanízaros refinou as súas habilidades arquitectónicas e de enxeñería, chegando a ser un experto construtor de fortificacións de todos os tipos, así como de proxectos de infraestrutura militar, coma estradas, pontes e acuedutos. Cando tiña aproximadamente cincuenta anos foi nomeado xefe dos arquitectos imperiais, aplicando as habilidades técnicas que adquirira no exército para a creación de refinados edificios relixiosos e estruturas civís de todas as clases. Permaneceu neste posto durante case cincuenta anos.
A súa obra mestra é a Mesquita de Selim en Edirne, aínda que a súa obra máis famosa é a Mesquita de Suleiman en Istanbul. Dirixiu un amplo departamento gobernamental e adestrou a moitos discípulos que foron posteriormente recoñecidos, como Sedefkar Mehmed Agha, arquitecto da Mesquita Azul de Istanbul, e Mimar Hayruddin que fixo a Ponte Vella de Mostar. Está considerado como o máis grande arquitecto do período clásico da arquitectura otomá e ten sido comparado con Michelangelo, o seu coetáneo europeo. Michelangelo e os seus planos para a Basílica de San Pedro en Roma eran ben coñecidos en Istanbul desde que Leonardo da Vinci e el mesmo foran invitados, en 1502 e 1505 respectivamente, pola Sublime Porta para presentar planos para unha ponte abranguendo todo o Corno de Ouro. Os traballos de Mimar Sinan están entre os edificios máis influentes da historia.
Traxectoria miniatura|esquerda|Busto de Mimar Sinan en Istanbul. Mocidade Mimar Koca Sinan, naceu o 15 de abril de 1489 na aldea de Ağırnas, preto da cidade de Kayseri (Cesarea), en Anatolia, (como se indica nunha orde do sultán Selim II). O seu nacemento sitúase entre 1489 e 1491 ou entre 1494 e 1499. A súa orixe é controvertida, disputada principalmente entre armenios,Zaryan, Sinan, Armenian Soviet Encyclopedia, p. 385.Kouymjian, Dickran. "Armenia from the Fall of the Cilician Kingdom (1375) to the Forced Emigration under Shah Abbas (1604)" in The Armenian People From Ancient to Modern Times, Volume II: Foreign Dominion to Statehood: The Fifteenth Century to the Twentieth Century. Richard G. Hovannisian (ed.). New York: St. Martin's Press, 1997, p. 13. .Alboyajian (1937), vol. 2, pp. 1533-34."Sinan, an Armenian architect": Chisholm, Hugh. The Encyclopaedia Britannica; A Dictionary of Arts, Sciences, Literature and General Information. 1910, page 426. e gregos capadocios.Talbot, Hamlin Architecture Through the Ages. University of Michigan, p. 208.
Foi aprendiz de albanel e carpinteiro co seu pai. Na mocidade, en 1512, en virtude dun novo decreto dado na subida ao trono do sultán Selim I Yavuz, que desenvolvía o sistema de « devşirme », instaurado por Murat I, - un sistema de recrutamento de mozos cristiáns, de entre oito e dezasete anos, que se convertesen ao islam e gardarlle fidelidade absoluta ao sultán, calquera que fose a posición a que accedesen -, Sinan, a pesar de ser un tanto maior, é levado a Istanbul e enrolado no exército. Crese que foi nesta altura cando se iniciou na arte e na técnica de construción de armazóns.
Logo dun período de rigorosa formación, pasa da cabalaría aos corpos técnicos, participa en numerosas campañas con Selim I e con Soliman I o Magnífico (1494-1566), e principia a construír pontes e fortificacións.
Participa na Guerra Santa e na vitoria en Çaldiran (1514) sobre da dinastía xiíta dos Persas Sefevidas, chegados ao poder en 1501, que permite a incorporación do leste da Anatolia (Armenia; logo participa na expedición de Exipto, entre 1515-1517, no transcurso da cal os turcos esmagan os Mamelucos na batalla de Merdj Dabiq, preto de Alepo, en Siria. De volta en Istanbul, entre no prestixioso "Corpo dos xanízaros" » (en turco « yeniçeri » significa « soldado novo »).
Na época de Suleimán, participa na expedición a Belgrado en 1521, e na de Rodas en 1526, obtendo a graduación de oficial. Despois da batalla de Mohács en 1526, tórnase xefe dos técnicos. Aínda participará na expedición de Viena en 1529, na de Alemaña entre os anos 1529-1532 e nas de Iraq, de Bagdad e de Tabriz entre 1532-1535.
A descuberta da arquitectura Como militar que participou en numerosas expedicións por Europa e Asia tivo oportunidade de ver e estudar todo tipo de construcións e edificacións e como xanízaro recibiu nocións de construción. As súas primeiras construcións son militares (pontes, estaleiros e fortificacións), máis logo dirixirá a edificación de innúmeras mesquitas e outros edificios públicos.
Entre as primeiras obras civís que construíu, deben citarse a Ponte Coban Mustafa Pachá, en Svilengrad, Bulgaria, e a mesquita Hüsrev Pachá (Hüsrev Paşa Camii) en Alepo, Siria, esta en 1536-1537.
Sinan inspírase a miúdo, para trazar as súas mesquitas en Santa Sofía, a xoia bizantina, creando estruturas nas que a cúpula central semellará lixeira e espazos interiores bañados de luminosidade. Utilizou sistemas capaces de apuntalar as construcións exteriormente para poder conservar o interior aberto. Con frecuencia construía as súas mesquitas como parte dun complexo, comprendendo escolas, baños, un casa de acollemento e hospital.
O arquitecto imperial miniatura|Posible representación de Mimar Sinan (esquerda) na tumba de Suleiman o Magnífico, 1566. En 1539, despois da morte do arquitecto Acem Ali, autor da mesquita Yavuz Selim (Yavuz Selim Camii) en Istanbul, Mimar Koca Sinan foi nomeado « mimarbasi », xefe dos arquitectos imperiais, posto que conservará con tres sultáns : Suleimán o Magnífico, Selim II e Murad III. Cando este nomeamento, non era xa novo (50 anos), mais case lle quedarían outros cincuenta anos creativos, que conduciron a arquitectura turca as máis altas cimeiras.
A primeira mesquita erguida despois do nomeamento - a mesquita Haseki Sultán (Haseki Sultan Camii), edificada en honra da esposa de Soliman, a sultá Roxelana - conserva unha organización espacial moi tradicional, sen revelar innovacións. Por contra, o proxecto seguinte, a mesquita Mihrimah (Mihrimah Camii) (1540-1548) en Usküdar, case sen solución de continuidade coa anterior, representa un primeiro paso adiante, pois entre outras novidades, contén tres semicúpulas rodeando a cúpula principal.
A Mesquita de Sehzade Mehmet miniatura|esquerda|Patio da Mesquita de Sehzade. A continuación, Sinan inicia o proxecto da Mesquita de Sehzade (Şehzade Mehmet Camii) (1543-1548), ou do Principe Mehmet, que conmemora o predilecto de Suleimán, vítima dos celos de Roxelana, que alí ten a súa tumba.
Este templo considérase a primeira obra maior de Sinan. Foi levantada con vistas ao Mar de Mármara e ao Corno de Ouro. Como a maior parte das mesquitas edificadas logo, a Şehzade está erguida sobre un plano cadrado e cuberto dunha cúpula central, apoiada sobre catro pilastras e sostida por outras catro semicúpulas e máis outras menores subsidiarias. Como noutros casos é o centro dun complexo de edificacións.
Á vista da súa estrutura, coidase que se inspira na mesquita iraquí de Fatih Pachá (Fatih Paşa Camii) en Diyarbakir (hoxe no Sueste de Turquía), construída entre 1518-1522, que posúe tamén unha gran cúpula repousando sobre pesados piares que sosteñen catro semicúpulas. Presenta un acusado contraste entre o exterior, aparentemente descoidado, e o interior, exquisitamente decorado pero con sinxeleza.
Descoñécense as razóns polas cales Sinan, utilizou logo planos máis achegados a Hagia Sophia fronte a estes máis audaces empregados na Şehzade.
A Mesquita de Suleiman miniatura|Vista da Mesquita de Suleiman desde o Bósforo. Para Suleiman o Magnífico, Sinan construíu, entre 1550 et 1557, a Mesquita de Suleiman (Süleymaniye Camii) de Istanbul, reputada polos poetas turcos como « o esplendor e a xoia ». Esta mesquita « selatin » (plural de « sultan ») - chámase así as mesquitas con varios alminares só contruídas polo sultán ou seus familiares - é incontestabelmente un dos seus grandes acertos e a silueta da Süleymaniye, cos seus catro afiados alminares, cerchados de dez balcóns (indicando que Suleimán era o cuarto sultán otomán de Istanbul e o décimo da dinastía otomá), domina o horizonte da ribeira occidental do Corno de Ouro. Sinan reiterou aquí o sistema de sostemento que xa el mesmo empregara na mesquita Bayezid, (ou de Baiaceto). Sostén a cúpula por medio de semicúpulas orientadas para o mihrab (ou parede que indica a dirección cara A Meca). As cúpulas, como sempre descargan, de xeito harmonioso, dunhas en outras, os pulos das súas masas.
A Süleymaniye e o seu complexo representan unha organización urbana estendida nunha ampla zona, englobando unha escola coránica (darülkurra), un hospital, un baño público (hammam), un hospicio, seis colexios de teoloxía, almacéns, e os mausoleos (türbe) do sultán Suleimán e da súa esposa Roxelana (a sultá Hürrem). Constitúe o exemplo máis significado das concepcións do urbanismo dos Turcos, que atribúen unha natureza social ás construcións relixiosas. Todos os artistas da época (como p. ex. Ahmet Karahisar e o seu discípulo Hasan Çelebi para as decoracións caligráficas) contribuiran, e foi realizada tendo conta tanto do aspecto global como dos detalles.
Sinan, nesta obra, reinterpretou o estilo de Santa Sofía. Os sete anos que duraran os traballos, demostran o xenio do arquitecto no dominio da organización tanto como no da arquitectura. O caderno de contabilidade da edificación, que ilustra a época, ten chegado ata nós, e dá preciosas indicacións sobre dos métodos de traballo do arquitecto.
A Mesquita de Rüstem Pachá miniatura|Interior recuberto de azulexos de maiólica, polo que é célebre a Mesquita de Rüstem Pachá. Entre 1560 e 1564, ergue para o Gran Visir Rüstem Pachá, xenro de Suleimán o Magnífico a Mesquita de Rüstem Pachá (Rüstem Paşa Camii), tamén en Istanbul, no barrio de Eminönü . É pequena e está soberbiamente proporcionada. É aínda unha obra excepcional, unha xoiña da arte otomá. Achase por encima dunha arcada de almacéns, coma un cantil sobre rúas bordeadas de caravanserrallos, con construcións que talvez remonten á época bizantina. O plano é clásico: forma rectangular, cúpula central apoiada sobre catro semicúpulas e cinco cúpulas menores. Estupendos azulexos de Iznik (a antiga Nicea) recobren os interiores do templo.
Unha recente restauración resaltou o seu valor, mais o terremoto de 1999 danou as súas cupuliñas.
A Mesquita de Atik Valide miniatura|esquerda|Mesquita de Atik Valide en Istanbul.