Illuminati Hotties é unha banda estadounidense de indie rock procedente dos Ánxeles, California, fundada e liderada pola produtora e enxeñeira de son Sarah Tudzin.

Historia Sarah Tudzin comezou a súa carreira na música como enxeñeira de gravación. O proxecto Illuminati Hotties comezou como unha extensión do seu traballo, como un xeito de demostrar as súas variadas capacidades de produción. En 2018 Tudzin e a súa banda publicaron o seu álbum de estrea, Kiss Yr Frenemies, a través do selo Tiny Engines.

En outubro de 2019, Tudzin publicou unha canción para ser descargada titulada "ppl plzr", con todos os ingresos da pista destinados ao grupo de prevención do suicidio The Trevor Project. Despois de que fose "filtrada" o 3 de xullo de 2020, Illuminati Hotties anunciaron un mixtape, Free I.H: This Is Not the One You've Been Waiting For, que sería lanzado ese mesmo mes. Unha entrevista con Stereogum o 10 de xullo deixou claro que estaba relacionado con "un acordo de saída que permitiu a Tudzin mercar o seu contrato de Tiny Engines cunha liquidación en efectivo e un pago de dereitos de autor nun proxecto futuro" e que sería editado o 17 de xullo.

O 4 de decembro de 2020, Illuminati Hotties colaboraron coa canción "xmas wish list (what we all asked for)" no recompilatorio de Nadal Simply Having a Wonderful Compilation.

En 2021 Tudzin anunciou que colaborara con Hopeless Records para crear o seu propio selo, Snack Shack Tracks. O primeiro lanzamento da discográfica foi o tema deIlluminati Hotties "MMMOOOAAAAAYAYA". O 10 de xuño a banda publicou o sinxelo "Pool Hopping" e anunciou o seu terceiro álbum de estudio, Let Me Do One More, que sería lanzado o 1 de outubro dese ano.

En 2023 Tudzin fixo as voces en "Igyah Kah", unha canción composta por Kevin Kiner coa axuda de Ludwig Göransson, usada no primeiro episodio da serie de televisión Ahsoka. O tema foi publicado como parte do primeiro volume da banda sonora orixinal da serie o 15 de setembro de 2023.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Kiss Yr Frenemies 2018 Tiny Engines Let Me Do One More 2021 Snack Shack Tracks, Hopeless Records Power 2024 Snack Shack Tracks, Hopeless Records

Mixtapes Álbum Ano Selo Free I.H: This Is Not the One You've Been Waiting For 2020 autoeditado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp da banda

Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2017