Bartolomé de Raxoi e Losada, nado en Pontedeume o 24 de agosto de 1690 e finado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1772, foi arcebispo de Santiago entre 1751 e 1772.
Traxectoria Estudou gramática na súa vila natal, de onde pasou a Santiago de Compostela, ingresando no Colexio de San Xerome, obtendo o grao de bacharelato en leis. Logo de pasar á Coruña, graduouse como avogado. Posteriormente abrazou o estado eclesiástico, exercendo no cabido de Ourense e, logo, no de Lugo. En 1730 gañou a Penitenciaría de Santiago. Enviado a Madrid polo cabido compostelán, foi nomeado Comisario Xeral da Cruzada. O 30 de maio de 1751 foi designado polo rei Fernando VI de España Arcebispo de Santiago, posto que exerceu ata o seu falecemento.
Raxoi comitente En Compostela miniatura|Pazo de Raxoi no Obradoiro Ao longo do seu goberno ordenou unha serie de obras que contribuíron a mudar en boa parte a paisaxe urbana de Santiago. Entre elas cómpre salientar: A nova fachada da Acibechería, no lado norte da Catedral, aprobada en 1757. O novo Pazo de Raxoi (1766), que se destinaría no proxecto, en parte como seminario. Na actualidade é a sede do concello. A capela da Comuñón, tamén na catedral (presentación do Cabido en 1769). A ampliación do Pazo Episcopal coa construción de dous saíntes cara ao leste. O hospital de Carretas con 50 camas. Unha casa para mulleres arrepentidas, ao carón do hospital mencionado. Un Hospicio, hoxe desaparecido, para o cal obtén de El Rei a cesión duns terreos na beira do río Sarela. En Pontedeume miniatura|Pazo de Raxoi de Pontedeume Non esqueceu Raxoi á súa terra natal. As obras que impulsou en Pontedeume foron: A nova igrexa parroquial de Pontedeume, rematada en 1763, obra do mestre arquitecto Alberte Ricoi. A ampliación do Convento de Santo Agostiño, coa obriga de celebrar tres misas cantadas ao ano os días de Santo Agostiño, San Nicolao de Tolentino e Santo Tomás de Vilanova. Os almacéns ou lonxas de pescadores no peirao antigo. O seu propio pazo na que hoxe é a Rúa Real. A fachada está rematada por un escudo nobiliario. A fundación de dúas escolas para nenos e nenas. A construción da igrexa de San Martiño do Porto, no actual concello de Cabanas. A capela de Covés, hoxe desaparecida.
Véxase tamén Bibliografía Couceiro Freijomil, Antonio, Historia de Pontedeume. 1926; 1995, 4ª ed. Otero Túñez, Ramón, Rajoy, constructor, in "Cátedra. Revista Eumesa de Estudios" (Pontedeume, 2001), nº 8, páx. 57 e ss. Ligazóns externas
Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Nados en 1690 Categoría:Finados en 1772