LAR<ref>Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: LAR Publicación que estivo saíndo á rúa dende 1934 ata, polo menos, o ano 1963 en Bos Aires (arxentina)...</ref>Enciclopedia Galega Universal: Lar PUBLIC Publicación editada en Bos Aires a partir de 1934, e que cesou a súa edición ó redor de 1963... foi unha revista primeiramente bimensual (despois trimestral e finalmente anual) da Asociación Galega de Beneficencia e Mutualidad, adscrita ao «Hospital Gallego» de Buenos Aires (1934-1963).

Historia e características

Tivo personalidade xurídica por Superior Decreto de 25 de setembro de 1935, estando inscrita no Rexistro Nacional de Mutualidades baixo o número 19, e no Rexistro da Propiedade Intelectual co número 346.294.

Esta revista, na que colaboraron ilustres personalidades arxentinas e galegas, «nace coa gratísisma misión de difusión cultural», o que lle mereceu os máis cálidos eloxios da prensa internacional. Estivo dirixida por Roxelio Rodríguez Díaz, ao que sucederon Manuel Roel e Ramón D. Villar. Ofrecía información sobre a sociedade e as súas actividades e tamén prestou moita atención á literatura publicando colaboracións dos intelectuais máis destacados. Colaboradores Albino Núñez Domínguez Alberto Vilanova Antón Fraguas Baldomero Cores Domingo García-Sabell Florentino López Cuevillas Xosé Ramón Fernández-Oxea Xoán Rof Carballo Leandro Carré Alvarellos Paulino Pedret Ricardo Carballo Calero Ramón Menéndez Pidal Ramón Otero Pedrayo Salvador de Madariaga Valentín Paz-Andrade

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lar (Galicia)''

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires Categoría:Revistas da Arxentina Categoría:Revistas literarias