Josefina Castellví, nada en Barcelona o 1 de xullo de 1935 e finada o 2 de febreiro de 2026, foi unha bióloga dedicada ó campo da oceanografía. Foi a primeira muller en dirixir unha base na Antártida.
Traxectoria Naceu durante a República, un ano antes do estalido da Guerra Civil española. Filla dun médico e dunha ama de casa, estudou no Instituto Montserrat. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Barcelona en 1957 e entón marchou a Francia, onde en 1960 especializouse en oceanografía e fixo algúns cursos prácticos na Universidade da Sorbona. Doutorouse en ciencias biolóxicas pola Universidade de Barcelona en 1969.
Desde 1960 traballa no Instituto de Investigacións Pesqueiras (desde 1987 chamado Instituto de Ciencias do Mar) do Consello Superior de Investigacións Científicas, foi directora os anos 1994-1995 e delegada en Cataluña. Foi pioneira da presenza catalá na Antártida e en 1984 foi a primeira muller de España a participar nunha expedición internacional na Antártida colaborando, dunha maneira relevante, na organización da investigación xunto con Antoni Ballester e Nolla. E dirixiu a instalación da Base Antártica Española Juan Carlos I na illa Livingston, da que foi xefa de 1989 a 1997. Todo iso propiciou que España entrase como membro do Tratado Antártico (1988).
Recoñecementos Na península Hurd, da illa Livingston, preto de onde instalaron a base Antártica, atópase o pico Castellví, nomeado así na súa honra.
En 1994, recibiu a Medalla de Ouro da Cidade de Barcelona e en 2003 recibiu a Cruz de Sant Jordi. En 2007 foi a encargada de realizar o pregón das Festas da Mercè, cun discurso no que reivindicou unha Barcelona máis próxima ao mar. Desde 2010 é a presidenta da Universidade de Verán de Andorra. Foi vicepresidenta do Consello Asesor para o Desenvolvemento Sostible de Cataluña. O 8 de outubro de 2013, gañou o Premio de Cultura da Xeneralidade de Cataluña e o 13 de maio de 2014 foi nomeada catalá do ano. O 5 de marzo de 2015 recibiu a Medalla August Pi i Sunyer da Facultade de Medicina da UB, no marco da conmemoración do Día Internacional das Mulleres. A investigadora Josefina Castellví foi a primeira muller que recibe esta distinción. En 2016, outorgóuselle a Medalla de Honra da Rede Vives de Universidades. En xullo de 2019 do Instituto de Ciencias do Mar rendeulle unha homenaxe, co descubrimento dunha placa conmemorativa da aula Pepita Castellví. En marzo de 2018 un instituto público de Viladecans cambiou oficialmente o seu nome a Instituto Josefina Castellví e Piulachs en recoñecemento á súa carreira.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
2021, Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Barcelona: Editorial Destino. ISBN 9788408241676
Ligazóns externas
A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Josefina Castellví no blog Mujeres con ciencia Josefina Castellví na páxina web No me cuentes cuentos. Imaxes de Josefina
Categoría:Oceanógrafos de España Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 2026