Tamerlán (adaptación occidental de Timur Lang), nado preto de Kesh (actual Uzbekistán) o 9 de abril de 1336 e finado en Otrar o 18 de febreiro de 1405, foi un conquistador, caudillo militar e político turcomongol,o último dos grandes conquistadores nómades da Asia Central. Tamerlán fundou o Imperio timúrida, que baixo o seu mandato alcanzou a súa máxima extensión, abarcando aproximadamente os actuais Afganistán, Irán, Iraq, Cáucaso, parte de Turquía e Asia Central. Comandante invicto, considéraselle un dos maiores líderes militares e tácticos da historia, así como un temíbel xefe guerreiro, que construíu un inmenso Imperio, que alicerzaba na forza e no terror.

En pouco máis de dúas décadas, este nobre musulmán de orixe turcomongol conquistou oito millóns de quilómetros cadrados de Eurasia. Entre 1382 e 1405, os seus grandes exércitos cruzaron o continente eurasiático desde Delhi até Moscova, desde a cordilleira Tian Shan da Asia Central até os montes Tauros de Anatolia, conquistando, reconquistando, arrasando algunhas cidades e perdoando a outras; as campañas de Tamerlán en Anatolia puxeron en perigo a existencia dos otománs. A fama de Tamerlán estendeuse por Europa, onde foi durante séculos unha figura novelesca e terrorífica. Para algúns pobos, afectados máis directamente polas súas conquistas, a súa memoria, sete séculos despois, permanece aínda fresca, ben como destrutor de cidades do Oriente Medio, ben como o último gran líder do poder nómade.

Foi emir de Transoxiana. Tamerlán tamén está considerado un gran mecenas da arte e a arquitectura, xa que se relacionou con intelectuais como Ibn Khaldún, Hafez ou Hafiz-i Abru, e o seu reinado introduciu o renacemento timúrida. Tamén se mostrou, porén, como un protector das letras e das artes que farían a grandeza da súa capital Samarcanda.

Tamerlán fíxose co control do kanato occidental de Chagatai para 1370. Desde esa base, liderou campañas militares polo Asia occidental, meridional e central, o Cáucaso e o sur de Rusia, derrotando no proceso aos khans da Horda de Ouro, os mamelucos de Exipto e Siria, o emerxente imperio otomán e o tardío sultanato de Delhi na India, e converténdose no gobernante máis poderoso do mundo islámico. O seu Imperio no momento de máximo apoxeo comprendía desde o Sueste de Turquía ata cerca de Kashgar, na China, incluíndo países actuais como Siria, Iraq, Kuwait, Irán, ata Asia Central, abranguendo Kazakhstán, Afganistán, Rusia, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Paquistán, e a India.

A partir destas conquistas, fundou o Imperio timúrida, pero este imperio logo da súa morte, gobernado polos seus descendentes (os Timúridas), foi tragado polas potencias veciñas ata o asalto final dos uzbekos da dinastía dos Chaybanides.

Tamerlán foi o último dos grandes conquistadores nómades da estepa euroasiática, e o seu imperio sentou as bases para o xurdimento dos imperios islámicos da pólvora (é dicir, os imperios otomán, safávida e mogol), máis estruturados e duradeiros, nos séculos XVI e XVII. Tamerlán era descendente tanto de turcos como de mongois e, aínda que non era probablemente descendente directo de ningún deles, compartía un antepasado común con Xenxis Khan por parte de pai,, do que se consideraba o seu fillo espiritual, aínda que algúns autores suxeriron que a súa nai podería ser descendente do khan. Estaba claro que pretendía invocar o legado das conquistas de Xenxis Khan durante a súa vida.Richard C. Martin, Encyclopedia of Islam and the Muslim World A–L, Macmillan Reference, 2004, , p. 134. Tamerlán visualizaba a restauración do Imperio mongol e, segundo o sociólogo francés Gérard Chaliand, considerábase herdeiro de Xenxis Khan.Gérard Chaliand, Nomadic Empires: From Mongolia to the Danube translated by A.M. Berrett, Transaction Publishers, 2004. translated by A.M. Berrett. Transaction Publishers, p. 75. . . p. 75., , p. 75., "Timur Leng (Tamerlán) Timur, coñecido como o Coxo (1336-1405) foi un turco musulmán. Aspiraba a recrear o imperio dos seus antepasados. Era un xenio militar ao que lle encantaba xogar ao xadrez no seu tempo libre para mellorar as súas tácticas e habilidades militares. E aínda que exercía un poder absoluto, nunca se chamou a si mesmo máis que emir", "Timur Leng (Tamerlán) Timur, coñecido como o coxo (1336-1405) era un turco musulmán da Umus de Chagatai que se vía a si mesmo como o herdeiro de Xenxis Khan."

Segundo Beatrice Forbes Manz, Tamerlán, «na súa correspondencia formal, continuou durante toda a súa vida presentándose como o restaurador dos dereitos chingisidas». Xustificaba as súas campañas iranianas, mamelucas e otomás como unha reimposición do control lexítimo dos mongois sobre as terras tomadas por usurpadores". Para lexitimar as súas conquistas, Tamerlán baseouse nos símbolos e a linguaxe islámicos e referíase a si mesmo como a «espada do islam». Foi un mecenas de institucións educativas e relixiosas. Converteu a case todos os líderes do Borjigin ao islam durante a súa vida. Tamerlán derrotou decisivamente aos Cabaleiros Hospitalarios cristiáns no sitio de Esmirna, chamándose a si mesmo un ghazi. Ao final do seu reinado, Tamerlán lograra o dominio completo sobre todos os remanentes do Khanato de Chagatai, o Ilkanato e a Horda Dourada, e mesmo tentou restaurar a dinastía Yuan na China.

Os exércitos de Tamerlán eran multiétnicos e temidos en Asia, África e Europa,Marozzi, Justin (2004). Tamerlane: Sword of Islam, conqueror of the world. HarperCollins. partes considerables das cales as súas campañas arrasaron.Matthew White: Atrocitology: Humanity's 100 Deadliest Achievements, Canongate Books, 2011, , section "Timur" Os estudosos estiman que as súas campañas militares causaron a morte de 17 millóns de persoas, o que representaba aproximadamente o 5% da poboación mundial nese momento. As diversas estimacións inclúen o sete,McWilliam, Ian. "Uzbekistan Restores Samarkand to Boost Nationalist Pride". Periódico Los Angeles Times. Publicado el 23 de agosto de 1994. dez, doce, quince,Greenway, H. D. S. “New Waves across the Steppes”. Periódico The Boston Globe. Publicado el 27 de mayo de 1998. dezaseteKinzer, Stephen. "A Kinder, Gentler Tamerlane Inspires Uzbekistan". Periódico New York Times. Publicado el 10 de noviembre de 1997.Carpenter, Dave. "Barbaric Tamerlane Anointed a Whitewashed Hero in Uzbekistan". Periódico Associated Press. Publicado el 5 de enero de 1998.<ref>Fenby, Jonathan. "Crossroads of Conquest". Periódico South China Morning Post (Hong Kong). Publicado el 20 de noviembre de 1999.</ref>McMahon, Colin. "The Rehabilitation of Tamerlane". Periódico Chicago Tribune. Publicado el 17 de enero de 1999. e vinte millóns de vítimas,Ford, Peter. "Ex-Russian Satellite Enjoys Setting Its Own Agenda". Periódico Christian Science Monitor. Publicado o 3 de xuño de 1997. pero definitivamente máis dun millón. De todas as rexións que conquistou, Corasmia foi a que máis sufriu coas súas expedicións, xa que se levantou varias veces contra el.

O demógrafo Colin McEvedy estimou a poboación dos territorios baixo dominio timúrida: 3,5 millóns en Irán, 1 en Iraq, 1,25 no Cáucaso, 1,75 en Afganistán e 3 no Turquestán (Asia Central). Respecto dos seus dominios no subcontinente indio, McEvedy estimaba que o subcontinente tiña uns 91 millóns de habitantes no século XIV dos que dous terzos vivían na chaira indoganxética. Se Tamerlán controlaba directa e indirectamente a metade da chaira, pódese calcular nuns trinta millóns de habitantes.Timurid Empire. Seshat.

Tamerlán foi o avó do sultán timúrida, astrónomo e matemático Ulugh Beg, que gobernou o Asia Central desde 1411 até 1449, e o tatarabuelo de Babur (1483-1530), fundador do imperio mogol, que entón dominaba case todo o subcontinente indio. Nome O seu nome Timur, significa "ferro" en turco-mongol (cf. mongol tömör e turco demir), e evoca o de Xenxis Khan, Temüdjin. Chamábaselle tamén Amir Timur (Emir de ferro). A segunda parte Lang quere dicir "coxo": «Timur o coxo» e procede do persa langidan [l a ŋ i d a n] - coxear. Ascendencia miniatura|upright|esquerda|Relación xenealóxica entre Timur e Xenxis Khan A través do seu pai, Timur afirmaba ser descendente de Tumbinai Khan, un antepasado por liña paterna que compartía con Xenxis Khan. O bisnieto de Tumanay, Qarachar Noyan, foi ministro do emperador e máis tarde axudou ao fillo deste, Chagatai, no goberno de Transoxiana. Aínda que non hai moitas mencións a Qarachar nos rexistros dos séculos XIII e XIV, fontes timúridas posteriores salientaron enormemente o seu papel na historia temperá do imperio mongol. Estas historias tamén afirman que Xenxis Khan estableceu máis tarde o "vínculo de paternidade e filiación" ao casar á filla de Chagatai con Qarachar. A través do seu suposto descendente deste matrimonio, Timur reclamou parentesco cos Chagatai Khans.

As orixes da nai de Timur, Tekina Khatun, son menos claros. O Zafarnama só menciona o seu nome sen dar ningunha información sobre as súas orixes. Nun escrito de 1403, Xoán III, arcebispo de Sultaniyya, afirmou que era de orixe humilde. O Mu'izz al-Ansab, escrito décadas máis tarde, di que estaba emparentada coa tribo Yasa'uri, cuxas terras limitaban coas dos barlas. Ibn Khaldún relatou que o propio Tamerlán describiulle a liñaxe da súa nai, descendente do lendario heroe persa Manuchehr. Ibn Arabshah suxeriu que era descendente de Xenxis Kan. Os Libros de Timur do século XVIII identifícana como a filla de "Sadr al-Sharia", que se cre que se refire ao erudito hanafi Ubayd Allah al-Mahbubi de Bukhara.

Traxectoria upright|miniatura|Reconstrución facial a partir do cranio de Timur, por Mikhail Mikhaylovich Gerasimov. Tamerlán naceu en Transoxiana, preto da cidade de Kesh (actual Shahr-e Sabz, 'a cidade verde'), Uzbekistán, a uns 80 km ao sur de Samarcanda, que formaba parte do entón Khanato de Chagatai. O seu nome, Temur, significa "ferro" en chagatai, a súa lingua materna (cf. uzbeko Temir, turco Demir).Richard Peters, The Story of the Turks: From Empire to Democracy (1959), p. 24. Probablemente sexa cognado co nome de nacemento de Xenxis Khan, Temüjin, un préstamo do turco común *temürči(n) "ferreiro".

As historias dinásticas timúridas posteriores afirman que Timur naceu o 8 de abril de 1336, pero a maioría das fontes da súa vida dan idades que son consistentes cunha data de nacemento a finais da década de 1320. Varios estudosos sospeitan que a data de 1336 pretendía vincular a Timur co legado de Abu Sa'id Bahadur Khan, o último gobernante do Ilkhanato e descendente de Hulegu Khan, que morreu ese ano..

Seu pai Taraghay era xefe da tribo de Barlas, nómades turco falantes de orixe mongol, que remontaba a súa liña ata o xefe mongol Qarachar Barlas. Taraghay era neto de Qarachar Noyon, distinguido entre os seus homes como o primeiro que se convertera ao islam, Taraghay puido asumir o rango militar que ostentaba por herdanza. Taraghay retirouse a un mosteiro islámico, dicíndolle a seu fillo: "o mundo é un lindo vaso cheo de escorpións".

So a vixilancia paternal, a educación do mozo Timur foi tal que non só se convertera en hábil en toda clase de exercicios a aire libre, senón que gozou reputación de estar versado en literatura e ser un atento lector do Corán. Como o pai, Timur era musulmán e puido estar influído polo sufismo. Nesa época, segundo as Memorias (Malfu'at), mostraba unha natureza tenra e simpática, pero tales flores tense actualmente por espurias.

Cara a 1358 converteuse en xefe militar. Tamerlán tomou parte en campañas na Transoxiana por conta do khan chagatai, un descendente de Xenxis Khan. A súa carreira, na decena de anos que seguiron, está resumida nas Memorias. Aliándose con Kurgan, o destrutor de Kazán, con quen tiña parentesco, invadiu o Khorasán á cabeza dun exército de millares de xinetes. Era a segunda expedición na que se erixía en actor principal. O seu éxito levouno a novas operacións, entre as que destaca a submisión de Khwarizm e Urganj.