Jacques Newashish, nado en La Tuque en 1958, é un actor, realizador, pintor e escultor atikamekw de Wemotaci, no Quebec."City workers accidentally destroyed artwork dedicated to missing and murdered Indigenous women". CBC News, 11 de agosto de 2017.
Traxectoria O seu pai era un cazador e transmisor da lingua e a cultura do pobo atikamekw. Newashish incorpora elementos da cultura Atikamekw na súa práctica artística e preocúpase pola preservación da lingua e da cultura atikamekw na comunidade.
Como artista multidisciplinar, Newashish traballa a través dunha variedade de medios, incluíndo a escultura, a pintura, o cinema e a narración. O seu traballo inclúe instalacións que usan con frecuencia materiais naturais que reflicten a cultura atikamekw.
Newashish obtivo un nomeamento nos Canadian Screen Awards como mellor actor secundario pola súa actuación en Avant les rues."Indigenous talent among 2017 Canadian Screen Award nominees". CBC News, 17 de setembro de 2017. En 2021 apareceu no filme Bootlegger, e en 2023 en Soleils Atikamekw.
Notas
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Actores do Canadá Categoría:Artistas do Canadá Categoría:Pobo atikamekw Categoría:Actores nativos americanos