Ada Martí Vall, nada en Barcelona o 29 de xuño de 1914 e finada en París o 1 de decembro de 1960, foi unha xornalista e escritora española de ideoloxía anarquista. Aínda que as bases de datos e artigos sobre a súa actividade indican que o seu nome oficial era Maria de la Concepció Martí Fuster, parece que pode ser unha confusión e en realidade chamábase Concepció Martí Vall. Ao comezo da Guerra Civil era da Federación Estudantil de Conciencias Libres (FECL). Exiliada en París, morreu por unha sobredose de somníferos aos 46 anos.

Traxectoria Nacida en Barcelona no seo dunha familia obreira, estudou psicoloxía. Mantivo correspondencia con Pío Barojahttps://www.anabad.org/la-memoria-historica-del-anarquismo-espanol-reposa-en-amsterdam/ e citou con profundo coñecemento a Kierkegaard, Unamuno, Freud, Wilhelm Reich, Romain Rolland, Rebelais, Gide, etc.

Desde moi nova identificouse co nihilismo e o pesimismo existencial de Schopenhauer e Nietzsche. Formou parte do grupo racionalista Los idealistas Prácticos, fundado polo doutor Félix Martí Ibáñez, estivo activa na FECL e foi asistente asidua das tertulias da CNT-FAI organizadas por Rodolfo González Pacheco, dramaturgo arxentino que fundou o Teatro del Pueblo, no que tamén participaron Simón Radowitzk e Vicente Tomé, António Casanova (fundador de FORA Arxentina), a súa amiga Dolores (Eva) Cascante e outros. Nestes encontros, namorouse do pedagogo arxentino José Mª Lunazzi, miliciano da Columna Durruti, co que rompeu rotundamente o día que o viu vestido de soldado. Muller inconformista e iconoclasta, rexeitou o culto á personalidade e escribiu artigos contra a deificación de Durruti e Ascaso.Paz (2020), p. 256

Tivo un papel destacado no traballo dos Institutos obreiros e publicou varios relatos e artigos sobre a liberación e o papel da muller na revolución, colaborando nas publicacións: La Revista Blanca (sección de novela ideal) Estudios, Evolución, Esfuerzo, Ruta, El amigo del pueblo, Tierra y Libertad, Mujeres Libres, Acracia etc. A finais de 1937 participou nun congreso en Valencia, onde se fundou a Federación Ibérica de Estudantes Revolucionarios (FIER) e dirixiu a revista Fuego. Tivo varios enfrontamentos con Serafín Aliaga, membro do Comité Peninsular da Federación Ibérica de Xuventudes Libertarias (FIJL), xa que ela consideraba que a FIER non tiña que ser unha "especie de cenáculo de inútiles discusión filosóficas, senón unha activa organización específica e sindical".

Exiliada en Francia ao final da Guerra Civil, levou unha vida nómade e semi-clandestina. Durante a Segunda Guerra Mundial axudou as persoas refuxiadas españolas, pero nunca participou na Resistencia francesa, nin quixo colaborar con estalinistas. Tampouco volveu entrar na CNT por graves discrepancias e desencontros. Mantivo unha intensa relación coa arxentina Dolores (Eva) Cascante, á que axudou en difíciles circunstancias, cando foi acusada de colaboracionismo.

Ada Martí foi unha muller libre, cunha intensa vida amorosa e un matrimonio aburrido, pero inexplicablemente casou cun profesor danés e en 1948 tiveron un neno. En setembro dese mesmo ano, divorciouse, obtivo a custodia do seu fillo Frederic e estableceu a súa residencia en París.

Interesouse polo existencialismo e frecuentou o Cafè de Flore, Édith Piaf e a bohemia parisiense. Recomendaba a lectura de Sartre, Albert Camus, Simone de Beauvoir, etc. Namorouse dun libreiro ruso chamado Boris, quen comprou unha boite (posto de libros de segunda man) a carón do Sena. Vivían xuntos no Boulevard Raspail e en 1952 naceu a súa filla Clàudia, o mesmo ano que as deixou Boris. Máis tarde coñeceu a Roland con quen viviu no Boulevard Saint-Germain. Os problemas económicos e o seu estado de ánimo empeoraron e Roland desapareceu da súa vida. Frederic e Clàudia vivían nunha pensión e no ano 1956, ao sentirse ela incapaz de coidalos, pediulle á súa amiga Anna Sánchez que os adoptase. Ante a súa negativa, ao día seguinte simulou un intento de suicidio.

O desarraigo, o afastamento da familia, as carencias económicas e a imposibilidade de dedicarse plenamente á literatura, afectaron gravemente a súa saúde física e mental. En 1957 o seu amigo Abel Paz (Diego Camacho Escámez) atopouna por casualidade, vivía en Notre-Dame des Champs, preto de Montparnasse. Tivo unha relación co exiliado húngaro Georges Villa e subsistiu como bouquinista, vendendo libros de ocasión no Quai des Grandes Agustins, a carón do Pont Neuf, onde nunca faltaba unha caixa (boite) chea de literatura española.

O 29 de agosto de 1959, nunha intervención cirúrxica de baixo risco, o seu fillo Frederic morreu tras non recuperarse da anestesia. Ada Martí non puido superalo e foi vítima dunha profunda depresión, e 1 de decembro de 1960 morreu tras inxerir un tubo de somníferos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Anarquistas de Cataluña Categoría:Xornalistas de Cataluña