Chevelle é unha banda estadounidense de rock formada en Grayslake, Illinois, no ano 1995. O grupo estaba formado orixinalmente por dous irmáns, Pete Loeffler (voces e guitarra) e Sam Loeffler (batería e percusión), xunto con Matt Scott (baixo e coros). Scott foi substituído polo irmán de Sam e Pete, Joe Loeffler, en 1996. Cando Joe deixou a banda en 2005, Geno Lenardo substituíuno como baixista de xira ata que o seu lugar foi ocupado polo cuñado de Pete e Sam, Dean Bernardini. Bernardini marchou en 2019, e en 2021 Kemble Walters uniuse como baixista de xira.
O primeiro álbum de estudio da banda, Point #1, foi publicado en 1999 a través dun pequeno selo chamado Squint Entertainment. O segundo traballo de Chevelle, Wonder What's Next (2002), foi certificado dobre platino pola RIAA despois de estrearse no número 14 da lista de álbums dos Estados Unidos Billboard 200. This Type of Thinking (Could Do Us In) (2004), o seu terceiro álbum de estudio, estreouse no número 8 e foi certificado platino. Chevelle publicou dende entón seis álbums máis: Vena Sera (2007), Sci-Fi Crimes (2009), Hats Off to the Bull (2011), La Gárgola (2014), The North Corridor (2016), e NIRATIAS (2021). A banda tamén lanzou dous álbums ao vivo, dos DVDs e dous recompilatorios. En 2021 Chevelle levaba vendidos máis de 6 millóns de álbums.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Point #1 1999 Squint Entertainment Wonder What's Next 2002 Epic Records This Type of Thinking (Could Do Us In) 2004 Epic Records Vena Sera 2007 Epic Records Sci-Fi Crimes 2009 Epic Records Hats Off to the Bull 2011 Epic Records La Gárgola 2014 Epic Records The North Corridor 2016 Epic Records NIRATIAS 2021 Epic Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Illinois Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-grunge Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais formados en 1995