A lingua barawana ou baré é unha lingua da familia arauaca falada en Venezuela e o Brasil polo pobo baré.Ramirez, Henri, & França, Maria Cristina Victorino de. (2019). Línguas Arawak da Bolívia. LIAMES: Línguas Indígenas Americanas, 19, e019012. https://doi.org/10.20396/liames.v19i0.8655045 Aikhenvald (1999) informou que "só quedaban uns poucos falantes maiores" do baré propiamente dito, e que a variedade guinau estaba extinguida. Kaufman (1994) considera que o baré propiamente dito, o guinau e o marawá (extinguidos) son linguas distintas; Aikhenvald, considéraos dialectos dunha soa lingua. (O marawá non é a mesma lingua ca o marawan). Segundo datos de 2011 tiña 240 falantes. O barawana está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Nome A palabra baré é un termo xenérico que fai referencia a un bo número de linguas arauacas faladas na área, incluíndo o mandawaca, o warekena, o baniwa ou o piapoco. O termo barawana é o empregado por Kaufman, Aikhenvald e Ethnologue. Tamén se coñece como ibini e mitua.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Pobo baré