Rosa Casás Rama, nada en Cerceda en 1913 e finada na Coruña en 2005, foi unha cantareira galega.
Traxectoria Era filla de solteira. Emigrou a Nottingham (Reino Unido). Na década dos oitenta regresou a Galicia. Tamén traballou en labores agrarios, durante os cales cantaba. Xunto coa súa tía Adolfina Casás Rama, destacou polo seu enxeño e polos moitos estilos empregados. Dorothé Schubarth e Antón Santamarina recolleron moitas das cantigas que elas cantaban no Cancioneiro Popular Galego. Schubarth valorou "a súa variedade de melodías, a orixinalidade das coplas e a capacidade de improvisación".
Foi proposta, canda a súa tía e Florencio López Fernández, como figura homenaxeada para as Letras Galegas do ano 2024. Finalmente, foi escollida, xunto con súa tía Adolfina, Eva Castiñeira, Teresa García, Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada en 2025.As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cerceda Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas