O tangut (chinés tradicional: 西夏語; pinyin: Xī Xiàyǔ; lit. "lingua Xia occidental") é unha lingua morta da familia sino-tibetana.

Historia Foi unha das linguas oficiais da dinastía Xia occidental, fundada polo pobo tangut no noroeste da China. Os Xia occidentais foron eliminados polo imperio mongol en 1226. A lingua tangut posúe o seu propio sistema de escritura, a escrita tangut. O derradeiro texto coñecido redactado en tangut son os piares dharani tangut, que datan de 1502. Xa que logo, a linguaxe escrita sobreviviu á dinastía Xia case trescentos anos.

Clasificación Dende a década de 2010, os lingüistas adoitan clasificar o tangut entre as linguas qiángicas ou as gyalrong. En base á evidencia morfolóxica e léxica, algúns expertos agrúpano coas linguas gyalrong occidentais, namentres outros o asocian coa lingua horpa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Linguas qiángicas Categoría:Linguas da China