Pol Guasch i Arcas, nado en Tarragona o 31 de decembro de 1997, é un escritor e poeta catalán.
Traxectoria Licenciouse en Estudos Literarios e posteriormente realizou un mestrado en Construción e Representación de Identidades Culturais na Universidade de Barcelona. Tamén realizou o Programa de Estudos Independentes no Museo de Arte Contemporánea de Barcelona. Foi profesor asociado de Literatura e Crítica Cultural na UB e investigou sobre teoría e literatura contemporáneas no King's College de Londres. Forma parte da produtora cultural La Sullivan.
Publicou os libros de poesía Tanta gana (LaBreu, 2018, Premi Francesc Garriga 2018), e La part del foc (Viena, 2021, Premi López-Picó 2020), e ten recitado os seus versos en varios festivais nacionais e internacionais.
Colabora habitualmente con diversos medios como RAC1, Cadena SER ou o xornal Ara.
En 2024 publicou Ofert a les mans, el paradís crema.
En 2024 participou no encontro multilingüe que organiza cada ano a Fundación Rosalía de Castro: Rosalía en Camiño.
Obra publicada
Tanta gana (2018). LaBreu Edicions. Libro de poemas. Amor y revolución (Kollontai) (2020). Arcàdia i Macba. La part del foc (2021). Viena Edicions. Libro de poemas. La parte del fuego (2022). Ultramarinos Editorial. Napalm al cor (2021). Anagrama. Novela. Napalm en el corazón (2021). Anagrama. Ofert a les mans, el paradís crema (2024). Anagrama. En las manos, el paraíso quema (2024). Anagrama. Tradución de Carlos Mayor.
Traducións
Submergir-se en el naufragi, Adrienne Rich (2022). Edicions Poncianes. Libro de poemas
Premios
2018: Tanta gana, Premi Francesc Garriga. 2020 - La part del foc, Premi López-Picó. 2021: Premio Anagrama de novela en catalán coa súa primeira novela Napalm al cor, que foi traducida a varios idiomas, como español, inglés, francés, italiano ou alemán, e que foi galardoada co 42º Premio Revelació. en Catalán e o Premio Talento a bordo no Festival Eñe de Madrid.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Escritores en lingua catalá