Postal 2 é un videoxogo de disparos en primeira persoa desenvolvido por Running with Scissors. É a secuela do videoxogo do 1997 Postal, foi publicado en abril de 2003 para Microsoft Windows. Este foi o primeiro xogo da saga no que se utiliza un mundo aberto.
Postal 2 trata sobre unha semana na vida de "The Postal Dude", que terá que facer unha lista de tarefas banais que o xogo lle encarga, nas que o xogador poderá escoller como de violentas ou pacíficas as solucionará.
O xogo recibiu varios paquetes de expansión e en decembro de 2003 publicouse unha expansión multixogador chamada "Postal 2: Share the Pain. Recibiu atención polo seu modo de xogo violento e foi responsable de múltiples controversias. Tivo dúas secuelas, Postal III, lanzada en 2011, e Postal 4: No Regerts, en abril de 2022.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Shooters en primeira persoa Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos de zombis Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América