Da chven vitsek'vet (en ) é un filme dramático xeorxiano de 2019 dirixido por Levan Akin. Estreouse na sección da Quincena de Realizadores no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde recibiu unha ovación de quince minutos. Foi unha das películas con máis críticas favorables de Cannes ese ano. Foi seleccionada como a candidatura sueca a mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar, pero non foi elixida. A proxección da película en Xeorxia provocou protestas, debido á súa representación dunha relación amorosa homosexual.
Sinopse Merab leva ensaiando dende moi novo na Compañía Nacional de Danza de Xeorxia coa súa compañeira de baile, Mary. De súpeto, a súa vida bótase patas arriba cando aparece o despreocupado e carismático Irakli que se converte no seu maior rival, pero tamén no seu maior obxecto de desexo. Nun ambiente conservador, Merab enfróntase á necesidade de liberarse e arriscalo todo.
Elenco Levan Gelbakhiani como Merab Bachi Valishvili como Irakli Ana Javakishvili como Mary Giorgi Tsereteli como David Marika Gogichaishvili como grandmother Nona Kakha Gogidze como Aleko Tamar Bukhnikashvili como Teona Levan Gabrava como Luka Nino Gabisonia como Ninutsa Ana Makharadze como Sopo Aleko Begalishvili como Loseb Mate Khidasheli como Mate
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua xeorxiana Categoría:Filmes de Xeorxia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes rodados en Tbilisi Categoría:Filmes ambientados en Xeorxia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Xeorxia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Suecia