A lingua yine ou piro é unha lingua arauaca falada no Perú. Pertence ao grupo piro no que tamén están a lingua iñapari e a lingua apurinã. Os manchineri que viven no Brasil (Acre) e tamén en Bolivia falan o que pode ser un dialecto do yine (Aikhenvald, Kaufman). Un vocabulario etiquetado como canamaré está "tan preto do piro [yine] como para contar como piro", pero foi motivo de confusión coa lingua kanamarí, coa que non ten relación.Harald Hammarström (2013) Review of the Ethnologue, 16th Ed. O yine está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Perú