Gervasio Lamas Lourido, nado en Riotorto cara a 1900 e finado en Viveiro o 18 de outubro de 1966, foi un médico e político galego.
Traxectoria Estudou Medicina en Madrid, sendo discípulo de Gregorio Marañón. Foi nomeado médico titular do concello de Riotorto en 1925.BOP Lugo, 23-9-1925, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Riotorto o 25 de xullo.BOP Lugo, 16-1-1937, p. 2. Finou no barrio da Xunqueira de Viveiro o 18 de outubro de 1966, con 66 anos e foi soterrado na Pontenova.Necrolóxica en El Progreso, 19-10-1966, p. 5, 7.El Pueblo Gallego, 21-10-1966, p. 14.El Pueblo Gallego, 23-10-1966, p. 2.
Vida persoal
Casou en Vilameá con Adelaira Rocha López en xaneiro de 1932,Vanguardia Gallega, 30-1-1932, p. 4. foi pai de Ramón e Cándico Lamas Rocha. Notas
Categoría:Médicos de Galicia
Categoría:Alcaldes de Riotorto Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Nados en Riotorto
Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1966